O expositor do outono ven acollendo, entre os moitos fondos escollidos, aqueles que falan da nosa festa tradicional , das características do castiñeiro e a castaña e contos e lendas arredor dos mesmos.
Tamén a nosa mesa de outono encheuse todos eses días con froitos e follas secas para observar e tamén con manualidades feitas con elas.
Os días previos ao magosto as aulas traballaron rimas e cancións e prepararon o tradicional cucurucho, que segundos cursos adopta tódolos anos formas cambiantes.
Tocou tamén mirar atentamente o ceo e agardar se nos ofrecía un pequeno respiro que nos permitise gozar dos xogos e da paparota compartidos o ár ceibo. Tivemos sorte. Os xogos que fixemos foron tradicionais pero de distintos paises do mundo. Non estamos a dar a volta ao planeta para non aprender nadiña da súa cultura!! non si?
Desfrutamos un mundo cos xogos e coa divertida compañía dos nosos amigos e amigas ademáis de papar un cento de castañas.
Tedes as fotos no fonte dos frades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario