En galego desenvolvemos tamén tódalas pescudas e presentación da información documental que estamos a traballar nas tarefas do PDI, cun grande peso científico arredor do coñecemento da biodiversidade natural. A finais de trimestre comezaremos xa a ter os primeiros froitos deste traballo.
Aínda que a celebración oficial chega ó seu fin, a nosa andaina pola ciencia vai continuar. Moitos aspirantes a científicos están xa agardando a súa quenda para amosarnos os experimentos nos que traballaron.
Hoxe venres 29, día da inauguración do obradoiro, e con moito público no ximnasio, foron as protagonistas Claudia, Amira e Sabela, tres nenas de 4º de primaria. Este é o vídeo da súa "actuación".
Ningún comentario:
Publicar un comentario