sábado, 15 de xuño de 2019

50 ANIVERSARIO TAMÉN EN INGLÉS

Como somos un centro plurilingue a profe de inglés  quixo deixar unha forte pegada neste proxecto,  preparando un agasallo especial para o cole. Un agasallo que vai quedar durante moito tempo na nosa memoria. Ademáis de que cando volvamos  no mes de setembro este  gran mural estará aí axudándonos a lembrar as boas experiencias vividas na celebración do noso aniversario.  
Foi unha diversión xuntármonos  unha mañá todos no patio para compoñer un gran 50. Non se tratou dunha foto máis, senón de deixar para o futuro a testemuña de que nós eramos no 2019 os protagonistas desta gran festa. 
Tódolos nenos e nenas axudaron tamén a expresar en inglés o que o cole supón para todos nós. Foi tamén un xeito orixinal de responder á chamada dos mouchiños que nos pediran  nunha nova tarefa  que lles dixesemos "Que é o Párroco para nós?". Pois velaí o tedes.




Ningún comentario:

Publicar un comentario