Noa e Xián metéronse na cociña e fixeron unha riquísimas galletas de Nadal. Ademais das fotos enviaronnos unha estupenda explicación de todo o proceso. Coido que seguindo as súas indicacións seremos quen de facelas tan ricas como semellan estar as súas.
domingo, 18 de decembro de 2022
xoves, 8 de decembro de 2022
PRIMEIRA SOBREMESA DE NADAL
Xa estamos metidos na cociña para atender a petición de cociña creativa de Nadal! A primeira receita chega dende Aldara de 1º de primaria, riquísimas galletas de follado con chocolate.
Ingredientes:
Lámina de follado
Chocolate
Moldes
Ovo para pintar(opcional)
martes, 6 de decembro de 2022
ARRANCA A DECORACIÓN DE NADAL COAS AULAS E FAMILIAS
Xa chegou o mes de decembro e o Nadal está no aire e nas luces da nosa cidade. No cole temos cáseque todo preparado. A actividade nas aulas é frenética. Nas familias tamén comezan os preparativos. Sara de 3 anos é a primeira en enviarnos o seu homiño.
E os nosos corredores xa se están a preparar para dar acubillo á exposición de Nadal e a nosa árbore colaborativa...e seica nos agarda tamén algunha sorpresiña máis.
domingo, 4 de decembro de 2022
...E PODEMOS COCIÑAR EN FAMILIA?
Neste nadal podemos cociñar en familia! Esta proposta está aberta dende agora ata o final das vacacións. Daquela non fai falta apurarse. Os días de Nadal son un bo intre para xuntarnos na cociña e iniciar ós vosos nenos e nenas nas sobremesas de nadal.
Tamén podedes enviar a proba á merendola de Nadal da vosa aula. Consultade coa vosa profe!.
xoves, 1 de decembro de 2022
PETICIÓN AS FAMILIAS NO NADAL
Descargade aquí o homiño
NOVO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
Malena ballena foi a proposta lectora que Lucía e Alexandra de 6º contaron na biblio o pasado xoves, ás portas da celebración do Día da discapacidade. Este conto fala da superación e da autoestima, dos sentementos dos que sofren mocas ou mofas polo seu aspecto ou capacidade. A historia de Malena é a historia dos que se senten distintos e ós que temos que incluir, valorar e respectar...porque todos somos diferentes e ao mesmo tempo iguais.
venres, 25 de novembro de 2022
UN MAR DE CONTOS, TRABALLANDO POLA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Educar na igualdade é a mellor aportación que podemos facer dende as nosas aulas. A proposta deste curso ía da man dos clásicos; no noso caso, o conto de Brancaneves.
Brancaneves e os 77 ananiños dálle a historia unha especial reviravolta facendo subir cara a superficie eses estereotipos que moitas veces aínda non temos abandonado. Sobre todos eles íamos falar nas aulas, ademais de ler este e outros contos sobre o tema, escollidos no noso expositor do "25 de novembro".
Na aula de 5 leron Brancaneves e os 77 ananiños.
Os nenos de 2º leron Arturo e Clementina. Leron, viron un vídeo, falaron sobre el e pensaron diferentes finais para o conto. Aproveitaron para falar sobre as cores azul e rosa e a súa imposición dende bebés, dos xoguetes que se anuncian para nenos ou nenas,... foi unha actividade que deu moito de sí.
.
















.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)
