Educar na igualdade é a mellor aportación que podemos facer dende as nosas aulas. A proposta deste curso ía da man dos clásicos; no noso caso, o conto de Brancaneves.
Brancaneves e os 77 ananiños dálle a historia unha especial reviravolta facendo subir cara a superficie eses estereotipos que moitas veces aínda non temos abandonado. Sobre todos eles íamos falar nas aulas, ademais de ler este e outros contos sobre o tema, escollidos no noso expositor do "25 de novembro".
Tódalas aulas quixemos poñer o noso granciño, e seguiremos facéndoo, visibilizando e reflexionando sobre todo o que acontece coas mulleres, aínda que moitas non lembrásemos facer fotos.
Aquí deixamos algún exemplo do traballado nas aulas neste día. Esto non remata aqui. É unha loita de longa distancia que non podemos deixar abandonada
.
Os pequenos de infantil e 3 e 4 fixeron corazóns lilas e un marcalibros adicado a unha muller moi importante para todos, a nosa nai. Tamén gozaron da lectura do conto Rosa Caramelo e aproveitaron para comparar as peles e comprobar que todos somos iguais.
Na aula de 5 leron Brancaneves e os 77 ananiños.
Os nenos de 2º leron Arturo e Clementina. Leron, viron un vídeo, falaron sobre el e pensaron diferentes finais para o conto. Aproveitaron para falar sobre as cores azul e rosa e a súa imposición dende bebés, dos xoguetes que se anuncian para nenos ou nenas,... foi unha actividade que deu moito de sí.
Os nenos e nenas de 6º traballaron no deseño de carteis para visibilizar este día.
Na biblioteca, o contacontos semanal acolleu O segredo de Flora lido por Thiago e Maira. Éste é un conto que intenta explicar como agroma a violencia nalgúns de nós e a importancia de aprender a xestionar esa emoción negativa. A violencia contra a muller ten moitos matices e causas que todos, nós e a sociedade temos que tratar e analizar para desbotala do noso día a día. Traballar as emocións negativas, comprender por que están aí, por que as expresamos contra as/os que coidamos máis débiles é un xeito de avanzar cara ese rexeitamento e normalizar a convivencia e a igualdade como únicos camiños.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario