domingo, 16 de decembro de 2018
CARTAS TAMÉN PARA O EXTERIOR
Vencellada a esta iniciativa dos mouchiños arredor da CARTA moitas aulas animáronse, a petición do equipo de dinamización, a iniciar un contacto por correo con moitos amigos e amigas de coles cercanos. A primeira tanda de cartas saiu xa do cole nas primeiras semanas de decembro rumbo os nenos do Ceip Ría de Vigo onde sabemos recibiron con moita ilusión as nosas misivas e estamos agardando xa as súas respostas, ...cando chegarán? Manterémosvos informados.
PRIMEIRA MALETA DO PROXECTO
Rola xa polas aulas de primaria a primeira mini-mochila de lectura oral adicada á temática escolar. É o tema do noso proxecto deste curso o que nos levou a xuntar na mochiliña diferentes lecturas que xiran arredor da vida escolar e os seus protagonistas: os nenos e nenas, os profes e as familias. Distintos libros para distintas idades que irán protagonizando tamén momentos lectores das "horas de ler" nas nosas aulas.
Este que amosamos son algúns dos títulos escollidos, dentro das posibilidades que nos ofertaba o noso catálogo. Lecturas variadas, sensibilidades e historias diversas, lecturas inclusivas e libros (que non están nas fotos) para lectores autónomos dos cursos dos maiores.

AS AULAS COMEZAN O NOVO PROXECTO
Como actividade inicial do noso proxecto "Párroco 5.0" os mouchiños enviaron xa as aulas as súas primeiras peticións. Esta carta que ven de seguido é unha das que se recibiron. Cartas personalizadas con cadansúa misión para cada grupiño de nenos e nenas.
O obxectivo central: ...COÑECERNOS. Daquela é preciso saber antes de nada ONDE ESTAMOS, cal é o noso lugar no mundo. Teremos que agardar un chisquiño para ver os resultados deste traballo investigador colaborativo.
Por outra banda e ante a chegada dos Reis Magos non quixemos deixar pasar a oportunidade de compartir os nosos agasallos co cole neste curso tan especial para o mesmo. As nosas cabeciñas están póndose xa en marcha pensando en que cousiñas lle poden acaer ben o noso colencomo agasallo no seu aniversario. Pero,...ollo, rapaces, os mellores agasallos non son sempre os que vemos e tocamos.!

luns, 10 de decembro de 2018
OBRADOIRO DE ARTE URBANO. PROGRAMA DE MEDIANERAS DO CONCELLO.
Neste novo curso, e despois do longo percorrido que fixemos no proxecto "Cos ollos de Vigo" , queremos continuar a traballar coa nosa cidade e o seu programa "Vigo, cidade de cor". O concello respondeu á nosa petición enviando a un dos artistas que xa pintou nos muros da cidade. Como xa dixemos no outro blog... Que mellor agasallo no noso 50 aniversario como escola que desfrutar da arte tamén cada día nela!.
Daquela o martes 4 de decembro os nenos e nenas de 5º e 6º, en dúas quendas e da man de Lorena, repasaron algunhas destas obras, aprenderon cousiñas dos seus autores, puideron coñecer ao Pelucas, autor do mural do patio cuberto do que falamos noutra entrada e fixeron os seus propios murais.
venres, 7 de decembro de 2018
NON VIOLENCIA E LECTURA
Como xa adiantamos noutra entrada, a actividade central da celebración do 25 de novembro, Día da non violencia contra a muller, desenvolveuse arredor da lectura activa e a reflexión sobre as chaves que nos poden axudar a recoñer este problema e ir póndolle solución. Van se-las pequenas cousas, as actitudes desenvolvidas nos nosos nenos e nenas do futuro as que axuden a mudar esta tendencia contra a muller que hoxendía semella non ter parada.
Con entusiamo a profe Patricia foi xuntándose con tódolos nenos e nenas de Primaria, de primeiro a sexto, e a partir da lectura do conto "Artur e Clementina " foi iniciando un faladoiro no que todos puideron pensar nestas cousiñas, en cada aula ao seu nivel. Foron unhas xornadas moi productivas que desembocaron na construcción colectiva dun muro de pegadas contra a violencia, ao que se sumaron os nenos e nenas de infantil que tamén leron e pensaron á sua maneira neste tema.

OS MOUCHIÑOS DA BIBLIO VOLVEN CON NOVAS TAREFAS
Vai sendo tempo de comezar o proxecto deste curso adicado a nós mesmos. O noso cole cumple 50 anos de viaxe a carón de moitas xeracións de nenos e nenas e iso hai que celebralo. Nós imos facelo aproveitando esta aventura para seguir aprendendo, non podía ser doutra maneira. Navegando arredor de nós imos atracar en varios portos, pescudando datos xeográficos, históricos, físico-matemáticos, aprendendo a recoñecer, expresar e vivir emocións diversas. O noso entorno, a nosa ubicación, a nosa historia, a historia do ano 1969, a evolución do mundo, da educación, da muller neste tempiño, as nosas lembranzas...todo vai ter cabida no traballo que imos desenvolver dando protagonismo a unha aprendizaxe activa nas aulas e a participación das familias que estiveron e están connosco nesta longa andaina. O título: "Párroco 5.0. Coñecéndonos"
O primeiro paso para este traballo vimos de dalo hai uns días cando chegou ás casas a carta de presentación do proxecto e con ela as primeiras peticións dos mouchiños para as familias. Moitas delas xa están respondendo ós desexos das nosas mascotas da biblioteca. Dentro duns días poñeremos as primeiras fotos. De momento deixámosvos aquí a carta, por se non chegou a algunha casa, e por se algunha das antigas familias do Párroco tamén se anima a acompañarnos nesta viaxe.

domingo, 25 de novembro de 2018
TRABALLANDO A NON VIOLENCIA EN INFANTIL
Como parte das actividades adicadas a educar actitudes de non violencia de xénero nos nosos cativos, os peques de infantil participaron o pasado venres nunha actividade lectora que lles permitiu achegarse dende o seu nivel á importancia deste tema, e, por extensión, á importancia da tolerancia e o respecto nas relacións cos outros. Unha sesión de lectura de imaxes compartida e o contacontos do libro "Crocodilo namorado" (a cargo da profe Geni) marcaron o seu camiño lector contra a violencia. Despois, ao igual ca os seus compañeiros de primaria, estamparon as súas pegadas no mural do corredor....todos e todas contra a violencia contra as mulleres!!
CURTA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 DE NOVEMBRO
Para reflexionar nas nosas aulas. As voces orixinais están en italiano, os subtítulos en inglés; pero...as imaxes son claras. Onde se torce este camiño de "boa" (habería que falar moito desto tamén) relación entre os sexos para que algúns destes nenos muden en homes ben diferentes!!.?
Seguimos traballando, ainda que a partir de hoxe outro 25 de Novembro máis quede atrás. Ogallá o que imos facendo día a día nas aulas vaia deixando nos nenos e nenas do futuro o seu froito.
Seguimos traballando, ainda que a partir de hoxe outro 25 de Novembro máis quede atrás. Ogallá o que imos facendo día a día nas aulas vaia deixando nos nenos e nenas do futuro o seu froito.
domingo, 4 de novembro de 2018
LABORATORIO CREATIVO: PANTASMIÑAS
O laboratorio creativo de aprendizaxes púxose en marcha nestas datas tan medoñentas para ambientar a biblioteca cunhas pantasmas que despois formarán parte do decorado do túnel do medo co que coñeceremos á bruxa Brunilda. Profes e alumnos voluntarios xuntáronse na biblio para aprender e axudar a facer estas pequenas pantasmiñas.
SAMAÍN: TRABALLO COMPARTIDO
A celebración do Samaín foi un ano máis un esforzo compartido entre as aulas e as familias. Os calacús e mailas cabazas adornadas compartiron protagonismo co fermoso mural colaborativo feito polos nenos e nenas de tódalas idades de "Arts".
Nas aulas tiveron lugar diferentes actividades arredor do "medo"e as tradicións de noso, onde non podía faltar o baleirado e tallado dos calacús. As familias puxeron coma sempre a materia prima e a súa imaxinación ao noso dispor; nós puxemos o noso traballo e as gañas de que as tradicións non se perdan e se mesturen con outras cousiñas que non son tan nosas. Graciñas a todos polas vosas "obras de arte"!.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)