martes, 13 de febreiro de 2018

LEMBRAMOS O 1º TRIMESTRE: A OLIVEIRA DE NADAL...SETEA O TEU DINOSAURIO

Como complemento ao traballo desenvolvido nas aulas na segunda carpeta viaxeira “Os ollos do Dinoseto” tódolos nenos e nenas do cole fixemos unha dobre viaxe cara o pasado; unha coa imaxinación e outra procurando o “onte”  real que  nós non coñecimos da cidade, e do que van quedando só unhas poucas pegadas. 
Dunha banda pescudamos no mundo dos dinosaurios e matinamos que outros compañeiros da súa época podían ter a mesma sorte do Dinoseto: converterse nunha escultura merecedora de adornar tamén á nosa cidade. Ainda que non se atoparon ata agora restos fósiles, coidamos que é posible imaxinar que onde hoxe se ergue Vigo pasearon noutra era xeolóxica moitos outros dinosaurios acompañando "o noso tiranosauro". 
Este era o obxectivo da actividade "Setea o teu dinosaurio". Dar un brinco imaxinario e traballar a partir da investigación documental nun laboratorio creativo no que xogabamos cun concepto xa presente na nosa realidade, un dinosaurio de ficción e transformábamo con  materiais diferentes.

Pola outra banda cada aula viaxou a unha rúa da cidade e mergullouse na época de principios ou mediados do século xx para descubrir  como era a vida e a faciana da cidade naquel intre.

Estas dúas actividades formaron parte dun mural mais grande onde confeccionamos de xeito compartido, como nos gusta, a Oliveira -o simbolo mais importante de Vigo- a que fixo que se lle denomine cidade olívica. Vede aquí o resultado.





e agora imos cos detalliños...
2º e o seu Pterodáctilo

4ºbº e o seu Espinosaurio

5 anos e o Velociraptor

3º e o Estegosaurio

4º a e o Parasaurolofus

5º e o Braquiosaurio

4 anos e o Triceratops

1º e  oTiranosaurus

3 anos e a Maiasauria

6º e o Microrraptor
1º no Príncipe...esto ten unha pinta moi rara!

3 anos na Porta do Sol...onde se meteu o Sireno?

3º na baixada a Elduayen...ese tranvía levará ata o dinoseto cando baixe?

4 anos na rúa Urzáiz...que raro non miramos a farola?


4ºB no Náutico...quen puxo aí ese edificio?

6º no cruce de Peniche...e a plaza das Apertas?

5 anos na rúa García Barbón con Afonso XIII...que fai aí ese cacharro?

5º  diante do Concello...Onde está?

4º a na rúa García Barbón...onde se meteron os coches?









Parece que falta a foto de 2º pero en canto cheguemos ao cole completamos o puzzle.

LEMBRAMOS O 1º TRIMESTRE: HOMIÑO DE MAZAPÁN NO NADAL DE INFANTIL

Os nenos e nenas de infantil non tiveron abondo  con Sabela Gago, a pesar do moito que desfrutaron con ela  (tanto lles gustan os contos!).Quixeron despedir as xornadas na biblio compartindo os tres cursos un estupendo conto de Nadal contado por unha contadora tamén estupenda, a profe Marta. 
Despois  da maxia lectora de "Homiño de Mazapán" tiveron a oportunidade de vivir acontecementos máxicos verdadeiros...sí, sí!. Coloraron homiños de papel, metéronos no forno, recitaron un curioso feitizo e comprobaron que cando desexamos algo de verdade, e loitamos por elo, pódese facer realidade. Alomenos  desta volta así aconteceu. Cando abriron o forno os homiños de papel transformáranse nuns estupendos homiños de galleta...e que ricas estaban!. Así dá gusto escoitar contos!!.
Podedes ver as fotos ao completo en follas de moreira










CONTACONTOS DE SABELA GAGO PARA CELEBRAR O COMEZO DO NADAL

Como ven sendo tradicional un curso máis iniciamos as vacación de Nadal invitando ao cole a un contacontos ou similar que nos anime o comezo das festas poñendo un pé no imaxinario dos contos e outro pé no goce de vivir as distintas historias cunha singularidade especial, un pouco mais festiva do que xa normalemente adoita ser o noso achegamento á literatura.



Sabela Gago foi a encargada en varias sesións de poñer este punto final ás actividades colectivas na Biblioteca, traendo ata todos nós- pequenos e maiores- contos diversos e diversos xeitos de contar.

Da súa maleta chea de historias saíu en cada momento o conto que precisaba para chegar mellor a cada grupiño de nenos e daquela todos marchamos satisfeitos e un pouquiño mais apegados á maxia de contar.








sábado, 20 de xaneiro de 2018

XOVES DE LECTURA NO PRIMEIRO TRIMESTRE

 Para rematar a información sobre as actividades do primeiro trimestre temos que dar conta dos contos que foron asomando na fiestra lectora dos xoves. Despois do conto inaugural "Monstruo, no me comas" do que xa vos falamos seguiron lecturas adicadas aos temas que barallabamos no traballo das aulas Samaín,  Monstros e, cara o final, dinosaurios.
Estes son os contos e os nenos e nenas lectores

A visita dos troles






A casa do Rato Renato




O xigante do pantano




Monstro non me comas





Rosa Caramelo  especial no  "Día da eliminación da violencia de xénero", a maiores da lectura e as actividades que se fixeron nas aulas e no centro.