Despois da maxia lectora de "Homiño de Mazapán" tiveron a oportunidade de vivir acontecementos máxicos verdadeiros...sí, sí!. Coloraron homiños de papel, metéronos no forno, recitaron un curioso feitizo e comprobaron que cando desexamos algo de verdade, e loitamos por elo, pódese facer realidade. Alomenos desta volta así aconteceu. Cando abriron o forno os homiños de papel transformáranse nuns estupendos homiños de galleta...e que ricas estaban!. Así dá gusto escoitar contos!!.
Podedes ver as fotos ao completo en follas de moreira
Ningún comentario:
Publicar un comentario