martes, 6 de decembro de 2016

SEMANA LITERARIA DE ROALD DAHL

100 ANOS DO SEU NACEMENTO----------CENTENARIO

Resultado de imaxes para roald dahl





Co gallo do centenario do nacemento do escritor Roald Dahl adicamos un recuncho na biblioteca para expoñer  e desfrutar da lectura dos seus contos en galego e castelán.
Achegádevos e entrade nos  seus mundos e personaxes.
 Vide a biblio na hora de ler e facede lectura oral e lectura silenciosa cos seus libros.

Aviso para navegantes"adultos". Roald Dahl tamén escribiu para adultos. Animádevos a lelo. 

sábado, 3 de decembro de 2016

1ª MALETA VIAXEIRA: TEMÁTICA ARTES

Comezou a súa viaxe polas aulas a 1º maleta viaxeira deste curso. Leva dentro libros e contos relacionados coa arte para tódalas idades, en especial pintura e manualidades. Ademais de libros sobre museos ou pintores famosos. 
Os nenos e nenas de 6º levan xa unha semana desfrutando dela na hora de ler e aínda poderán bucear nela unha semana mais. 
A ver se son quen de sacar os artistas que levan dentro!.

REILIBRO LANZOU (XA AÍ ATRÁS) A SÚA IDEA PARA NOVEMBRO

Sen presa pero sen pausa, os mouchiños seguen a súa aprendizaxe sobre a Galicia Interior e o Río Miño e despois de todo o que aprenderon dos traballos das familias queren afondar mais no tema da mitoloxía fluvial.



Teñen dúas propostas para nós:
-Para os pequenos inventar unha historia a partir dun cadro (estamos a voltas coas artes!)
 Daquela xa hai uns días que nos deixaron nas aulas e nas escaleiras unha misteriosa foto dun cadro dunha xacia deitada no fondo das augas.  E, claro, primeiriño que nada haberá que averiguar que é unha Xacia! Sabemos de boa tinta que nalgunhas das aulas xa lle están dando voltas ao tema. 





Deixámosvos aquí a imaxe por se algunha familia quere axudar na pescuda.


Para os maiores pensaron en que podían debuxar unha galería de personaxes mitolóxicos a partir dun relato que xa está nas súas clases.
Estas dúas propostas arrancaron aí atrás a mediados de mes, pero  nos terán entretidos seguramente durante parte do 2º trimestre. Non vos imos adiantar as novidades que nos esperan, xa volo contaremos todo mais adiante. Para ver os resultados destes traballiños imos ter que esperar un pouco.

xoves, 24 de novembro de 2016

25 DE NOVEMBRO

Velaquí a nosa proposta  -recollida de distintas suxerencias que estes días nos veñen chegando-  para mais dun día de reflexión nas nosas aulas sobre a situación das mulleres na nosa sociedade. E tempo de preparar aos nenos e as nenas cara unha sociedade distinta onde a igualdade  e o respeto entrambolos dous sexos sexan un feito, e non unha declaración de intencións.




xoves, 27 de outubro de 2016

MURAL DE PRESENTACIÓN DO PDI

Cun pouqueniño de retraso presentámosvos o mural de información das actividades mensuais relacionadas co PDI.  Retrasámonos só co mural porque o traballo xa está en marcha dende  o comezo do mes. Moucholibro infórmanos da súa lumiidea deste mes. Logo del os outros mouchiños irán saíndo á pizarra para nos presentar as súas ideas. Non esquezades que este curso matriculáronse na Escola de Turismo e temos que axudalos a coñecer e  estudar os roteiros e as propostas de turismo sostible que están organizadas arredor do Río Miño...e de paso coñecer as nosas bisbarras do interior!!







OS NOSOS TRABALLOS MAIS DE PRETO

Comezamos a vos ensinar máis de preto os traballiños que están na nosa exposición "Outono no Miño". Pouco a pouco subiremos mais e iremos explicando o que quixo aportar cada familia.Como ides ir vendo as ideas recollidas serven para ir coñecendo distintas cousas do noso río.


luns, 24 de outubro de 2016

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A exposición  "Outono no Miño" está  colocada na entrada do cole e temos xa  as primeiras fotos das impresionantes cousas que están enviando as familias. Pouquiño a pouco iremos subindo mais fotos para que disfrutedes de tódolos traballiños. Con esta exposición queremos celebrar dun xeito especial o  24 de Outubro "Día das Bibliotecas Escolares", admirando as vosas primeiras olladas cara o Miño.




xoves, 20 de outubro de 2016

TODO ESTÁ PREPARADO...

Mañá 21 de Outubro é o día sinalado para comezar a colocar os traballiños que xa van chegando ao cole na nosa exposición de "principio de proxecto". E antes de empezar a colocalos gústanos que vexades que todo está xa disposto.




Se non tivestes tempo a preparar algo, non vos preocupedes; este recunchiño irase enchendo pouquiño a pouco coas nosas e vosas aportacións, ...así que ánimo!

venres, 7 de outubro de 2016

OS MOUCHIÑOS EMPEZAN A DA-LA LATA

Para dar comezo, de xeito conxunto, ao noso novo Proxecto Documental "Pola beira do Miño" os mouchiños da biblioteca veñen de nos  facer unha petición especial...colaborar nunha exposición de outono con cousiñas relacionadas co río feitas con material propio desta estación. (follas, froitos secos, froitas,...). Animádevos a participar!
Esta é a carta que mandaron ás familias.


mércores, 5 de outubro de 2016

COMEZAMOS

Aínda que non o  pareza estamos a preparar todo o que temos por traballar este curso. A biblioteca xa está aberta dende hai uns días e mañá comezan as lecturas dos xoves. Estamos a dar os últimos toques ó noso novo proxecto e enseguidiña teredes novas do mesmo...mentres dámosvos conta do título "POLA BEIRA DO MIÑO" para que todos vós empecedes a matinar tamén nel...nunca se sabe  o que se lles pode ocorrer aos nosos mouchiños!