domingo, 14 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

 Esta semana e coincindindo coa celebración do Día da Muller desenvolveuse a Semana da prensa. Unha semana diferente por mor da pandemia porque os nosos corredores non puideron estar ateigados de xornais diferentes onde atopar e analizar información interesante. Aínda así os xornais estiveron, e van  estar ata a fin do trimestre, presentes nas aulas na súa modalidade dixital. A prensa é un vehículo de información importante que non debemos descoidar. Recoller e analizar información de diferentes medios e de diversas fontes é unha boa arma contra a desinformación e no presente intre contra a infodemia que arrodea a pandemia da covid-19.

Os nenos de 1º coñeceron a través dela a unha importante muller nas pescudas científicas que sostiveron o desenvolvemento das vacinas. Eles, que na súa parte do PDI tamén estudaron as vacinas, tiveron así outro punto de vista interesante do tema.




Ningún comentario:

Publicar un comentario