Outra vez o 24 de Outubro... un ano máis estamos preparados para comezar un novo curso de lecturas e aprendizaxes diversas na biblio. De feito, xa hai unhas semanas que está aberta e funcionando; ainda que moitas das actividades arrancan oficialmente nesta semana de celebracións.
"Outubro é un libro" di o verso de Gloria Fuertes no seu poema "Los meses". A poesía, a ollada poética sobre o noso entorno e as nosas vidas vai formar parte deste curso tamén, respondendo ao lema das BE "Poéticas diversas na biblioteca escolar". Aqui deixámosvos o enlace da presentación do lema. Nos queremos mergullarnos ao longo do curso na propia poesía, nos poetas nosos e das outras latitudes, na poesía da ciencia, da matemática, das nosas propias lembranzas e de todo o que nos arrodea. Poesía lida e poesía creada e vivida. A ver como se nos da!.
Este curso o PDI, que pronto presentaremos ás familias, xira arredor de nós, da nosa propia historia como centro e como comunidade educativa, do acontecido nestes nosos e vosos últimos 50 anos. Algúns estivestes aí dende o principio...agardamos as vosas testemuñas. Outros veñen de chegar ao cole hai pouco mais dun mes, pero xa están formando parte da súa historia.
De momento comenzamos cunha intensa semana de lecturas compartidas arredor do medo, preparando xa a festa de Samaín, que xa nos agarda á volta deste recunchiño lector. Manterémosvos informados.!
Benvid@s tod@s! :-)
ResponderEliminar