domingo, 10 de decembro de 2017

CONTOS ESPECIAIS....LINGUA DE SIGNOS: O ELEFANTE MAINU

O elefante Mainu é o primeiro conto contado en lingua de signos que vai circular polas aulas da man da profe Marta especialista de pedagoxia terapéutica, moi amiga da nosa mouchiña Edelmira e cunha especial sensibilidade á hora de transmitirnos o pracer da literatura contada. Iniciou a súa andaina contadora na aula de 5 anos e foi un goce para nós ir debullando canda ela a fermosa historia que nos contou. Sorte que moitos compañeiros van poder tamén desfrutar con ela. Nós xa estamos desexando que repita este conto ou que nos conte a vindeira historia.




1 comentario:

  1. Que instructivo para @s cativ@s este tipo de actividades que abren a mente e os ollos a outras realidades que non son a nosa...

    ResponderEliminar