sábado, 9 de decembro de 2017

25 DE NOVEMBRO...APRENDENDO A DICIR NON

A  xa pasada semana do 20 ao 24 de Novembro adicamos a hora de ler nas aulas á lectura do conto “Nin un biquiño á forza” ao tempo que reflexionamos grandes e pequenos sobre o importante de saber dicir NON e sobre o respeto ao espacio e os tempos dos outros, e en especial das outras.



A PEGA RABILONGA e mil soños máis......: noviembre 2015

 Ademáis, compuxemos entre todos un mural adicado ás mulleres para ter presente a data do 25 de Novembro, día no que toca pensar sobre esa violencia contra elas que mais que parar semella que medra por momentos.

O lema que escollemos foi NIN UNHA MENOS. Éste é tamén o lema que podemos ler no mural de arte urbano que pintaron Vanesa Alvárez e Tilde diacrítica na baixada ao berbés, na rúa Gaiteiro Ricardo Portela.



Tamén quixemos facer un aceno  a Julio Verne neste trimestre que rolda polas aulas o libro "A volta ao mundo en 80 contos". Daquela lembramos a tódalas mulleres que poboan o noso planeta e que nos podemos atopar na nosa volta ao mundo de Verne, tódalas razas e tódolos tipos.






2 comentarios:

  1. Unha actividade estuoenda. O conto da para moito...gustounos un montón.

    ResponderEliminar
  2. Un tema presente sempre... e que non se esqueza. Grazas por tratalo cos rapaces!

    ResponderEliminar