Xa está nas aulas a segunda carpeta viaxeira do Proxecto. Desta volta temos que pescudar o que miran os ollos do Dinoseto. De novo tarefas variadas para cadansúa aula, ás que temos que engadir a preparación dunha árbore de nadal moi especial, -aínda non vos queremos descubrir o secreto-, cunha viaxe ao pasado e mais uns agasallos procedentes de moi abaixo, "dunha Viaxe ao centro da terra", da que nos separan unhas cantas eras xeolóxicas.
Como vedes imos ter un final de trimestre moi atarefado, aprendendo un pouqueniño máis de Vigo.
Aqui vos deixamos para que vexades unha das peticións que chegaron as aulas.
Está claro que mesturar a imaxinación de Julio Verne coa d@s nos@s nen@s é unha auténtica bomba de reloxería. A ver que sae! XD XD XD
ResponderEliminar