sábado, 9 de decembro de 2017
VIGO MISTERIOSO
O noso cole convertiuse de súpeto, coa
impresionante cantidade de traballiños aportados polas familias, nun maravilloso
percorrido por algúns dos recunchos de Vigo. Os mouchiños pedírannos
información sobre a ubicación do mural de Magallanes e ademais de ver como moitos de vós atopáchedelo sen problemas, trouxestes
moitos detalles interesantes desas rúas que non coñeciamos ou nos que non
repararamos. Graciñas a todos. Enseguidiña
estarán nas aulas os vosos pasaportes viaxeiros. Antes temos que facer reconto de tódalas familias que participastes.
Mentres desfrutade dos traballiños nas vosas visitas ao cole ou ide mirándoos aquí. Iremos facendo pouco a pouco unhas presentacións dos vosos traballos en cada parte do proxecto para que todos poidades desfrutar delas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Estamos aprendendo tanto de Vigo e descubrindo tantas cousas da nosa cidade que ides ter que cambiar o nome de 'Vigo misterioso' por 'Vigo sen segredos para @s alumn@s do Párroco Don Camilo' :-)
ResponderEliminar