venres, 22 de abril de 2022

SUXESTIÓNS LECTORAS EN 6.º DE PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 6.º de primaria querían ser os primeiros en compartir con todos as súas suxestións. Hai tempo que colleron os seus libros e fixeron as fotos para que non lles pasase o día. Agora xa é hora de contarvos cales son os seus libros preferidos.








"PEDRA A PEDRA...". PODCAST DE SUXESTIÓNS LECTORAS DE 3.º DE PRIMARIA

 Escoitamos os cativos e cativas de 3.º de primaria falándonos dos seus libros favoritos.

SUXESTIÓNS LECTORAS

Moitas grazas polas vosas suxestións. Tomamos nota!


"PEDRA A PEDRA...". IMOS CELEBRANDO A FESTA DOS LIBROS!

 Comenzan a chegar as primeiras actividades de celebración do Mes do Libro. Xusto a tempo! Mañá, 23 de abril, é o día de referencia para as letras e os libros.

 Os nenos e nenas de 4.º fan súa a proposta de contar historias a partir dos títulos dos contos e achégannos as tres primeiras historias.





Parabéns rapaces! Son unhas historias estupendas!

luns, 18 de abril de 2022

ACTIVIDADES PARA AS FAMILIAS

 Animádevos a participar nas actividades que preparamos para as familias. Podedes facer unha ou varias das propostas. Enviade todo ó noso correo <parrococamilo@gmail> ou á vosa aula. Estaremos encantadas de recibilas e compartilas con todos.

domingo, 3 de abril de 2022

2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

 NON DEIXES DE MERGULLARTE NAS MIL E UNHA HISTORIAS DOS LIBROS. 

                              PODES FACELO DENDE A NOSA BIBLIOTECA!


xoves, 24 de marzo de 2022

SEMANA DA POESÍA

 Estamos a celebrar dende o luns 21 de marzo, Día da Poesía,  a tradicional Semana da Poesía. Antes da pandemia, as nosas paredes, escaleiras e calquera recunchiño dentro ou fóra do cole enchíanse de versos e poemas propios ou alleos. Agora son os muros virtuais os que nos serven para compartir poesía. Dende esta semana, e deica a fin do trimestre, as nosas aulas e este muro virtual van encherse de textos poéticos que podemos ler, copiar, ilustrar e mesmo crear.  

 Podedes coñecer o que estamos facendo nas distintas aulas axexando nesta xaneliña virtual; e se vos apetece, podedes tamén compartir os poemas que vos gustan ou que imaxinedes. Premede no cadradiño con frecha do recuncho superior dereito para ver o muro nunha xanela grande; ou no lápiz inferior, se queredes compartir algo poético.


Hecho con Padlet

mércores, 23 de marzo de 2022

INFANTIL 3 E 4 ANOS, 4.º DE PRIMARIA E O DÍA DA MULLER

 Os nenos e nenas de 3 e 4 anos e de 4.º de primaria remataron xa o seu traballo sobre as mulleres invisibles, dándolle voltas ao lema Pómoslle un bigote?

As elixidas en 3 anos foron KAREN JOHNSON, JOCELYN BELL, MARIAM MIRZAHJANI e LISE MEITNER. Como podedes imaxinar, son as dúas primeiras, matemáticas relacionadas coa astronomía, as que máis lles gustaron. Os peques sacaron a súa parte artística e deixáronas moi feitiñas.







Despois, entre todos, pegaron a información e colorearon como puideron.

Os de 4 anos tamén elixiron a Karen ou Katherine Johnson. Non podían deixar de coñecer a persoa que axudou a trazar o camiño que tiña que seguir o Apolo XI para chegar ata a Lúa.

Os de 4.º de primaria pescudaron sobre Ada Lovelace. Moi implicados no uso das tecnoloxías, investigaron os problemas que tivo Ada ata converterse na primeira programadora da historia.





martes, 22 de marzo de 2022

21 DE MARZO. DÍA DA SINDROME DE DOWN

 En infantil celebramos o Día da Síndrome de Down (que, dende hai anos, a proposta da ONU, coincide nesta xornada de inicio da primavera) uníndonos á iniciativa Calcetíns desemparellados, que pretende darlles visibilidade ás diferenzas. Todos somos diferentes e todos somos iguais: na diversidade está a inclusión. Nas nosas aulas, as diferenzas son o punto de partida dunha integración que se vive día a día en cada intre e lugar. Onte, os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos pintamos e preparamos os nosos calcetíns diferentes, un mundo de individualidades e de emocións.












RECITANDO EN 3 ANOS