Amosando publicacións coa etiqueta dia do sindrome de down. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia do sindrome de down. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de marzo de 2022

21 DE MARZO. DÍA DA SINDROME DE DOWN

 En infantil celebramos o Día da Síndrome de Down (que, dende hai anos, a proposta da ONU, coincide nesta xornada de inicio da primavera) uníndonos á iniciativa Calcetíns desemparellados, que pretende darlles visibilidade ás diferenzas. Todos somos diferentes e todos somos iguais: na diversidade está a inclusión. Nas nosas aulas, as diferenzas son o punto de partida dunha integración que se vive día a día en cada intre e lugar. Onte, os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos pintamos e preparamos os nosos calcetíns diferentes, un mundo de individualidades e de emocións.