Para reforzar o traballado nesta fin de trimestre sobre a celebración na que estamos mergullados achegamos este resumo con algunhas cousiñas feitas por nós e outras curiosidades na nosa lingua propia.
mércores, 29 de decembro de 2021
venres, 24 de decembro de 2021
UNHAS NADALIÑAS QUE QUEDARON ATRÁS
Estas preciosas nadaliñas feitas polos nenos e nenas de 5 anos tiñan que ir na presentación xeral de traballiños de Nadal. Quedaron perdidas na morea de actividades feitas!. Daquela, hoxe traémolas ata aquí. Disfrutade con estes cativos!
xoves, 23 de decembro de 2021
MÁIS MATES DE NADAL. 5 ANOS
Na aula de 5 anos tamén traballaron as mates co contido de Nadal. Mirade que ben traballan!
O NOSO TRABALLO DO PDI NO 1º TRIMESTRE
A ÁRBORE PERFECTA.PDI 21-22
O PDI deste curso levounos a lle dar voltas á orixe das ciencias e das matemáticas e a pescudar naquelas ideas chave para o desenvolvemento científico e tecnolóxico da actualidade. Daquela, matinamos como a matemática podería relacionarse co nadal, ata que demos coa fórmula que convertería a nosa árbore na árbore de Nadal perfecta. O número π, unha das constantes matemáticas máis importantes, calculado por Arquímedes, forma parte desta fórmula deseñada por matemáticos da universidade de Sheffield no Reino Unido. Nós non podiamos comprender estes cálculos, pero usamos a calculadora que inclúe a súa pescuda para introducir os nosos datos e procurar o número exacto dos adornos que tiñamos que lle pór. Este foi o resultado.
XEOMETRÍA E NADAL.TRABALLANDO NAS AULAS
Aproveitamos o PDI deste ano centrado nas ciencias e na matemática para traballar o Nadal dende o punto de vista da ciencia e da xeometría. O obradoiro STEM aloxado na aula virtual achegounos moita información interesante e amosounos os camiños que relacionan Nadal e ciencia. Tamén nos ofreceu unha chea de ideas para traballar nas aulas: tarxetas, adornos, traballo lóxico de pensamento, creatividade... todo co espírito do Nadal.
mércores, 22 de decembro de 2021
FACENDO A CARTA PARA OS REIS
Non podiamos marchar sen deixar na caixa de correos as nosas cartas para os Reis Magos. Como xa non poden vir e enviar os seus paxes ao cole, por mor da pandemia, quixeron lembrarnos que non esquecerán pasar polas nosas casas, e fixérono deixando unha mensaxe en audio. Os de infantil quixeron axudarlles preparando entre todos a caixa de correos. Mentres, tódolos nenos e nenas das distintas aulas traballaron arreo escribindo as súas cartas.
CONTACONTOS NO NADAL
Despedimos o trimestre lendo cos amigos. Os nenos de 5º e 6º de primaria deron unha volta por tódalas aulas agasallándonos con lecturas de Nadal. Homiño de mazapán, Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis, Elmer e o Nadal, Antón e o Apalpador... foron os escollidos nesta nova rolda de contacontos animados polos maiores do cole.
luns, 20 de decembro de 2021
VIDEO DE FELICITACIÓN DE NADAL
Tódalas aulas quixemos neste nadal felicitar aos nosos compañeiros e ás nosas familias para facer máis curta esta distancia que non mantén separados un curso máis.