Na semana que ven de pasar chegou ás aulas de primaria un rolo de papel no que viñan dúas follas moi especiais. Por unha banda, a petición do Moucho...o seu desexo para este nadal. Unha particular mensaxe co que nos pide o Mouchiño a nós, que neste caso facemos o papel de Reis Magos e imos traballar con moito mimo no que nos pide. Ademais imos aproveitar para prepararllo dun xeito moi especial, coma un grande agasallo de nadal que dentro dunhas poucas semanas poderedes desfrutar na entrada do cole. Estádesvos preguntando cal era a segunda folla?...pois ollade! unha imaxe dun cadro de Vassily Kandinsky co que imos empezar a traballar a lectura de imaxes na arte, ademais de poder aprender algo do propio autor. Ah, e non poderemos esquecer ir vendo como esta escena de inverno está chea de luz (como sabedes o noso tema "estrela" deste curso).
Bueno, os de infantil que non se preocupen que a eles tamén lles vai tocar participar!.
A mistura de arte e literatura sempre consegue resultados especiais ¡A ver que se lles ocorre a estes nenos!
ResponderEliminarEnseguidiña subiremos a crónica do que imaxinaron en 4 anos. O cadro parece estar tan baleiro,... pero eles non tardaron nada en enchelo dun mundo de persoaxes. Facilmente podedes imaxinar de que tipo!. Supoño que algo contarían xa na casa!
ResponderEliminar