domingo, 9 de novembro de 2014

REILIBRO XA CHEGOU A SÚA CASIÑA

Estamos no mes de Novembro e REILIBRO xa chegou a súa casiña da árbore dos LUMIMOUCHOS para encargarse de ter as ideas luminosas deste mes. Mentres os preparativos sobre o PDI "As viaxes da luz" ainda non ven a luz,  Reilibro quere concentrarse no HÁBITO LECTOR,  agasallándonos con mais lecturas para A HORA DE LER. 

Dúas son as iniciativas que ven de por en marcha:
-A MALETA DOS MOUCHOS que xa desfrutan esta semana na aula de 6º de Primaria e que irá rotando por tódalas aulas.
-e o LIBRO RECOMENDADO DO TRIMESTRE. "Unha historia fantástica" co seu correspondente CADERNO VIAXEIRO, onde os nenos que o desexen contaranlle ós lumimouchos a súa  opinión sobre o libro. Son os nenos e nenas de 1ºA os que empezan a rolda.

Ámbalas dúas iniciativas responden ao lema das Bibliotecas Escolares para este curso BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!.



 A "Maleta dos Mouchos" está chea de libros para tódalas idades con TÍTULOS MATEMÁTICOS. 
Por outra banda o conto "Unha historia fantástica" é un relato que aborda a "resolución de problemas" dun xeito orixinal e diverxente. Como ademáis este mes de novembro é o mes da CIENCIA EN GALEGO este libro tamén nos axudará a por en marcha o razonamento "científico" sobre todo o que supoñen as decisións que tomamos ao resolver os problemas cotiás.
Ésta competencia matemática é unha das máis importantes do currículo tanto na Primaria como na Educación Infantil.
















2 comentarios:

  1. ¡Un proxecto fantástico! A ver cantas ideas xeniais saen del :-)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estou segura de que van xurdir unha chea de aprendizaxes interesantes e dende a biblioteca os lumimouchos estamos á que salta para lles animar a participar en tódalas experiencias que lles imos propor.

      Eliminar