No noso PDI tamén houbo espacio e tempo para a banda deseñada e a ecoconcienciación. Os rapaces de 5º na área de lingua castelá matinaron sobre a contaminación e elaboraron cadansúas historias. Despois pasaron pola radio a gravar e con este material gráfico-plástico e de audio puidose montar esta presentación en vídeo.
sábado, 15 de xuño de 2024
BANDA DESEÑADA. PROTECCIÓN AMBIENTAL
No noso PDI tamén houbo espacio e tempo para a banda deseñada e a ecoconcienciación. Os rapaces de 5º na área de lingua castelá matinaron sobre a contaminación e elaboraron cadansúas historias. Despois pasaron pola radio a gravar e con este material gráfico-plástico e de audio puidose montar esta presentación en vídeo.
xoves, 13 de xuño de 2024
CONTINUAMOS E REMATAMOS CO MURAL DA FRAGA
O salgueiro e maila abeleira son as dúas novas árbores autóctonas da nosa fraga das escaleiras. Unha vez máis tódolos cursos prepararon as súas folliñas e puxeron a súa creatividade para darlle cor a este bosque máxico.
Ademais das árbores, o mural segue a encherse de paxariños, flores e uns laboriosos formigueiros con formigas ben dispostas a espalla-las sementes e comer canto faga falta.
Despois de tanto traballo xa cumpría poñer os carteis das árbores e presumir do traballo. Reto#presumimos
mércores, 24 de abril de 2024
luns, 15 de abril de 2024
NOVO RETO NAS AULAS, TAMÉN PARA AS FAMILIAS
Como sabedes levamos todo o curso mergullados no noso PDI arredor dos bosques e das árbores do noso patio-xardín. Facemos conciencia sobre a importancia do coidado do noso medio de dous xeitos, achegándonos a el emocionalmente e aprendendo cousas sobre esta flora natural e as relacións con tódolos elementos do bosque. Coñecer para valorar, pero non é o único que podemos facer para aprender o valor de mimar ó noso planeta.
Comenzamos agora un novo reto dentro do noso programa de Voz Natura no que nos gustaría contar coa vosa participación. Só tedes que contarnos algunha cousa das que facedes en familia para protexer o planeta e, daquela, a nós mesmos.
Mirade como podedes participar. Calquera cousa que fagades, seguro que é importante. Animádevos!























