luns, 1 de maio de 2017

PRIMEIROS ROTEIROS

O pasado mes de Marzo arrancou a pescuda documental arredor dos roteiros turísticos do Río Miño. Dentro do conxunto de actividades feitas arredor do río, este traballo ten como obxectivo coñecer o seu patrimonio artístico, natural e económico-turístico. 
Despois de dividir o curso do río en 10 tramos cada clase encargouse de traballar aqueles aspectos que os mouchiños lles pidiron. Dende a volta das vacacións de Semana Santa xa agroman a carón do noso río de fieltro os resultados das primeiras investigacións que pouquiño a pouco irémosvos presentando.











1 comentario:

  1. Qué bonito! Case non chegan as escaleiras do cole para tanto Miño ;-)

    ResponderEliminar