Este curso 2019-20 daba os seus primeiros pasos cando os mouchiños nos pediron a primeira tarefa: colorear para eles as bandeiras dos paises que no século XVI atravesou a expedición Magallanes-Elcano, arredor da que este curso estamos a traballar.
Aquela primeira carta dos nosos amigos da biblio era unha invitación a pescudar nun misterio do que ainda non imaxinabamos nada.
Cando chegou o Día das bibliotecas escolares os mouchiños invitáronnos a resolver un xogo de enigmas. Cando o fixemos puidemos conseguir as chaves que abrirían a nosa carpeta de tarefas...tiñamos que investigar unha chea de cousas sobre a primeira parte da viaxe por América do Sur.
Nas corcheiras e recunchos das aulas foron aparecendo invitacións e novas sobre o tema...
e adicámonos con moitas gañas ás pescudas que a cadaquen lle tocaron...
Non temos fotos da sala de ordenadores, pero moitos días estivo petada polos nenos e nenas de primaria.
Mentres...
as axudantes dos mouchiños ían preparando os recunchos das escaleiras onde iamos pór toda a información
...o obradoiro de cosido nos recreos de lecer empezou a traballar nas bandeiras e na Cruz de Borgoña que locerá o barco
...e nas clases de ARTs tódolos cursos, de 3º a 6º, prepararon o barco xigante protagonista deste proxecto. Poderedes velo á volta das vacacións, ainda que os cativos de infantil e mailos de 1º e 2º ainda temos que facer a nosa parte.
Cando rematou o trimestre, a escaleira comezou a dar conta informativa do traballo realizado e aquí xa vos amosamos estes primeiros resultados: unha chea de información sobre América do Sur, as terras ás que chegaron primeiro os expedicionarios da 1ª circunnavegación do planeta no século XVI. Descubriron culturas, fitos xeográficos, mares e recunchos inexplorados e mudaron a súa visión do mundo, e tamén á dos que viñemos despois.
6º A. Un pouco de historia
6ºB A ruta ata a Terra do Lume
próximamente estará a foto
5º. Os barcos no século XVI
4º Coñecendo Brasil
Faltalles para fin de xaneiro falarnos da Amazonia
3º Coñecendo Arxentina
fáltalles para fin de xaneiro falarnos da Patagonia
2º
Coñecer o océano Atlántico
falta a foto
darannos a coñecer os animais mariños do atlántico a fin da xaneiro
4 anos os paxaros da Amazonia e a Patagonia (falta a foto destes últimos)
Fáltalles para a fin de xaneiro falarnos da Antartida e os seus paxaros
5 anos. Mamíferos da Amazonia
falta a foto dos outros animais que estudaron
1º animais fluviais do Amazonas
Como vos dicimos, ainda non están todos fotografiados, pero á volta seguiremos amosándovos todo o traballo.
Fermosísimo proxecto! Que importante é viaxar, coñecer outros mundos e abrir os ollos á diversidade. Grazas! :-)
ResponderEliminar