O martes 17 de decembro, os alumnos de 4º de primaria visitaron Salinae, a primeira salina romana de evaporación solar do Imperio Romano, conservada e musealizada.
Aprenderon cómo se facía o proceso de obtención da sal, un ben moi preciado para os romanos, e as múltiples utilidades que lle damos aínda hoxe grazas a eles.
Para finalizar a visita participaron no obradoiro, "Sabores de Roma", no que con axuda de Sabela e Izan descubriron a cantidade de especias que utilizaban os romanos para cociñar, e prepararon un mollo para untar no pan.
Como vemos xa os romanos contaban coa especias na súa alimentación, esas especias que tanta importancia ían ter na viaxe que este curso traballamos.
Como vemos xa os romanos contaban coa especias na súa alimentación, esas especias que tanta importancia ían ter na viaxe que este curso traballamos.
Podedes ver as fotos no blogue fonte dos frades
Tan pretiño de nós, canta historia!
ResponderEliminar