Daquela os mouchiños enviaron as aulas unhas caixas-agasallo na que nos contaron as súas preocupacións e nos pidiron que investigasemos e nos puxesemos en marcha.
O primeiro paso ía ser facer adornos sostibles de nadal, empezando pola árbore. Esas mesmas caixiñas cuns sinxelos e persoais toques formarían parte da árbore. Pero a cousa non quedará aí. Cando remate o Nadal cada caixa volverá á aula da que saiu para converterse na "caixa do planeta" na que gardaremos desexos, propósitos, información e moitas cousas máis que traballemos sobre a nosa grande casa universal.
O toque navideño déronllo as arboriñas que en ARts fixeron con anacos de cintas. Tamén en moitas clases fixeron traballiños sostibles con material de refugallo...rolos de papel de cociña, teas, platos de cartón decorados cos restos de pintura e anaquiños de material que van sobrando cada día. Coma sempre fáltannos fotos das cousas. Metémonos de cheo no traballo e esquecemos deixar testemuño.
Pintámola de verde clariño
Démoslle o noso toquiño persoal en cada aula
e fomos construíndoa pouco a pouco.
Ese arboriño pequeno foi para á miña oficina, adornando a entrada con moito 'orgullo de nai'! Quedaron fermosísimos! E a mensaxe está clara: reutilizar
ResponderEliminar