sábado, 22 de xuño de 2019

IMPRESIONANTE PUNTO FINAL

Chegamos moi ledos ao o derradeiro día na escola por este curso, matinando nas actividades festivas que nos agardaban. Ademáis diso todo, que o houbo, atopámonos unha maravillosa (e moi segreda) sorpresa. Non sabiamos, cando nos chamaron á biblioteca, que iamos atopar alí a algúns dos nosos compañeiros agardando por nós para facernos un agasallo  moi especial. Compartir con todos o ben que tocan un instrumento. Explicáronnos como se chamaban e como eran estes instrumentos e tocaron para nós unhas melodías estupendas. "E a cada un de nós sóubolle..." coma nese conto tamén tan especial que aí atrás tivemos a oportunidade de desfrutar  xuntos.
As fotos corresponden só o primeiro pase. Os cursos de 3º ata 6º tamén tiveron a súa sorpresa especial.

Hoxe un novo desfrute compartido e foron moitos este curso. Grazas a todos e todas.

venres, 21 de xuño de 2019

VISITAS DE AUTORES

Aínda que xa demos conta no outro blog das visitas de autores ao centro no momento no que se produciron, non queremos despedir o curso sen contarvos cantos e que interesantes libros se leron nas aulas co gallo destas visitas.Ler sempre é interesante, pero máis se temos a oportunidade de coñecer as persoas que imaxinaron esas historias e foron quen de darlles unha forma literaria que acaba atrapándonos.

IAGO LÓPEZ (un dos escritores protagonistas no noso proxecto "escritores de noso", ANTÓN CORTIZAS, ÁNXELA LOUREIRO E CARLOS TABOADA presentaron os seus libros:

 CASE POR SORPRESA: ContacontosTodos los libros del autor Cortizas Anton

Deixamos aquí os enlaces ás entradas nas que falamos deles e as fotos da visita de Iago.

VISITA CARLOS TABOADA

VISITA ÁNXELA LOUREIRO

VISITA IAGO LÓPEZ

xoves, 20 de xuño de 2019

NOVO XORNAL DON MOUCHO

Saíu do prelo unha nova edición do noso Xornal. Premede no vencello se queredes ver o noso traballo. Tamén o tedes na pestana lateral.



XOVES DE LECTURA: SEGUNDO E TERCER TRIMESTRES

Durante os meses de xaneiro ata hai ben pouco tódolos xoves no recreo desfrutamos duns estupendo lectores que foron debullando unha a unha as mil historias que foron contando. Un ano máis foi un pracer ver como "ler en voz alta para os demáis e unha actividade que lles gusta facer no lecer. Tanto aos que len coma os  que escoitan.
Aquí os vedes...

La noche de reyes, 4º






 Kiwi, 4º 




Mi mamá es preciosa, 3º 





O patiño feo, 3º





 Elmer outra vez, 3º 






O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas, 3º





La verdad según Arturo,  3º







El libro tonto, 3º




Maruxa, 3º









Pepita es especial, 2º






O zapateiro, 2º



Unas gafas para Rafa, 2º




Vivan las uñas de colores, 2º






Xa vou, 2º -






As lentes de ver,  2º





El pedo más grande del mundo,  2º