domingo, 14 de maio de 2017

O PRINCIPIÑO E OUTRAS LECTURAS

Neste mes adicado a Carlos Casares temos organizado no cole varias actividades  arredor da súa figura.
Unha delas é a exposición de libros do Principiño que os mouchiños lle pediron ás familias. Foron moitas ás que nos mandaron a súa edición que xa leva varios días na zona de entrada ao cole, para que todos poidamos desfrutar da variedade  de exemplares. 




Ao mesmo tempo comezamos unha actividade de "bookcrossing" "Colle o libro e corre" ca que podemos achegarnos á lectura dalgunhas de 6 obras infantís e xuvenís que escribiu Carlos Casares. Na hora do recreo e na hora de ler temos a posibilidade de coller as maletas e coñecer mais a fondo ao autor protagonista das Letras GAlegas 2017. O único traballo ademais de ler é apuntarse na listaxe de lectores de Casares e devolver a maleta ao seu lugar.



1 comentario:

  1. Como me gustan estas iniciativas de promoción da lectura! Vos si que sabedes facer homenaxes! Grazas :-)

    ResponderEliminar