A exposición "Faros distintos" na que os pais e nais colaboraron con entusiasmo pecha a nosa andaina deste curso polas terras dos faros. Agora que remataron as xornadas con nenos e veñen tempos de recollida mais tranquilos poñeremos este blogue o día, amosándovos as cousas que ainda non puidemos publicar. Así que non esquezades visitarnos dentro duns días. Mentres tanto deixámosvos algunha foto desta superexposición (non están todos) e dámosvos as grazas pola vosa participación durante todo o proxecto.
mércores, 22 de xuño de 2016
domingo, 19 de xuño de 2016
luns, 13 de xuño de 2016
O FARO DAS ALMAS
Este conto que forma parte das novidades adquiridas en relación ao PDI foi adaptado e representado polos alumnos de 4º de Primaria para os seus compañeiros de infantil. Cunha posta de escena orixinal o nutrido grupo de nenos e nenas fóronse movendo no "escenario" da biblio e contando a súa historia dun xeito especial. Mágoa que os efectos especiais non sairan ben nas fotos, pero noraboa a todos polo seu traballo.
venres, 10 de xuño de 2016
TEATRO NO CENTRO CULTURAL NAUTILIUS.SANTO ANDRÉ DE COMESAÑA
Ao longo de tres pases o 1, 2 e 7 de xuño, os alumnos/as de Primaria foron invitados á representación da obra "O conto da Azuzaina", onde José Carlos, Herminio e Fran crean un espectáculo familiar que integra música en directo, malabares e outros recursos para tratar a temática da diversidade familiar.
Todo comeza na imprenta de Azuzaina, onde chega un encargo urxente; "O libro das familias".
Os traballadores terán que facer un grande esforzo utilizando divertidas e aloucadas estratexias para completar o traballo a tempo.
Foi unha representación sen palabras que grandes e pequenos disfrutaron.
.

VISITA DE AUTOR. FINA CASALDERREY
O 8 de Xuño os nenos de 1º e 2º recibiron a visita dunha das máis queridas escritoras galegas, quen xa visitara o noso cole no ano 2011: a recoñecedísima escritora Fina Casalderrey. Todos puxéranse mans á obra semanas antes da visita traballando sobre o libro "Quen me quere adoptar?" e facendo diversos traballiños sobre esta obra nas aulas.
Xa por fin na biblioteca, escoitaron con moito interese anécdotas e cousiñas relacionadas coas súas vivenzas, que inspiran e inflúen na súa obra. Fina adicoulles palabras preciosas e axudoulles a entender que eles tamén poden ser escritores aprendendo a dicir cousas bonitas e expresándose de "xeito literario".
Logo puideron conversar con ela... tiñan moitas cousas que preguntarlle!. Ela agarimosamente respondeu como somentes saben facer os escritores: engaiolándoos coas súas máxicas palabras. Todo un luxo para os ouvidos!.

UN NOVO XORNAL
A maiores do noso Xornal monográfico adicado ao PDI Galicia...vimos de editar dixitalmente unha nova edición ordinaria que recolle algunhas das experiencias que se viviron no cole durante este curso, especialmente aquelas que non están recollidas en ningún dos blogues.
Olládeo ao clicar AQUI
Olládeo ao clicar AQUI
martes, 7 de xuño de 2016
PUBLICADOS OS RECURSOS DO MES DA CIENCIA
Nunha das pestanas superiores temos xa os recursos para o mes da Ciencia que celebramos en Xuño. Alí está a presentación
QUE SE COCE NA NOSA COMUNIDADE
que está adicada a falar dalgunhas das investigacións punteiras que os científicos das universidades e institucións galegas están a desenvolver sobre o tema do mar.
QUE SE COCE NA NOSA COMUNIDADE
que está adicada a falar dalgunhas das investigacións punteiras que os científicos das universidades e institucións galegas están a desenvolver sobre o tema do mar.
XUNIÑO INVÍTANOS A XOGAR
Xuniño, a nosa mascota da biblioteca do mes de Xuño, sabe que as nosas cabeciñas xa non dan para moito máis, pero aínda así atreveuse a invitarnos a xogar pensando, a facer as nosas derradeiras pescudas neste curso á conta dos nosos murais dos faros e do Día da árbore que polas circunstancias do curso e do traballo que tiñamos en marcha decidiramos pospoñer a este mes.
Daquela estas son as propostas que chegaron as aulas. Imos ver que dan de sí!
Para nos axudar co xogo das árbores deixounos uns recursos nas pestanas de arriba. As fotos das árbores que hai que procurar no patio téñenas as profes. Seica haberá que llas pedir.
Esta é a foto que nos deixou no seu faro da entrada para que practiquemos un pouquiño de imaxinación e creación literaria
Estas son as preguntas que nos deixou na biblioteca para que nos animemos a ler ben os murais dos compañeiros. Poñémolas aquí por se alguen quere xogar con nós. Claro que o mellor tedes que vir ao cole a consultar toda a información.

domingo, 5 de xuño de 2016
LIBRO VIAXEIRO DAS RECOMENDACIÓNS. CORREO LECTOR E ITINERARIO LECTOR
Como estamos xa na recta final do curso imos pechando actividades que levan tempo desenvolvéndose. O libro viaxeiro das recomendacións lectoras "O Correo Lector" é unha delas. Rematou a súa andaina polos cursos de Primaria e está agora en infantil, agardando a que algún cativo decida apuntar nel unha das súas lecturas preferidas.
O caderno vai acompañado do conto "Coas mans baleiras", recomendado polos mouchiños.
O caderno vai acompañado do conto "Coas mans baleiras", recomendado polos mouchiños.
DERRADEIROS XOVES DE LECTURA
Avanza o curso cara o final e imos pechando experiencias. Os xoves de lectura despedíronse con estes derradeiros contos dos que vos contamos agora.
BOAS NOITES BUFO
BOAS NOITES BUFO
VIOLETA A CARTEIRA BOLBORETA.- Xoves Galaico
sábado, 4 de xuño de 2016
CONTO ESPECIAL PARA AS NAIS
Co gallo do Día da nai tivemos no mes de maio unha lectura especial da que nos vos deramos conta.
TE QUIERO UN MONTÓN
TE QUIERO UN MONTÓN
xoves, 2 de xuño de 2016
EXPOSICIÓN DE LIBROS DISPARATADOS
Ven de rematar neste pasado mes de de maio a exposición de libros con títulos disparatados que estivo a disposición de tódolos nenos e nenas do cole dende o pasado 12 de abril. Foi un éxito de participación, tal foi a enchente de libros diferentes que se mandaron dende as casas, a maioría dos cales non os coñeciamos e foi unha sorpresa para todos disfrutar deles.
Graciñas a tódalas familias que participastes. Os libros deberían xa estar de volta na casa, agás os dalgunha aula que aínda quixo desfrutar un pouqueniño mais deles. Na foto non están todos os que houbo neste mes e medio porque ainda seguiron chegando os libros despois de inaugurada a exposición (e feita a foto).

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)