O 8 de Xuño os nenos de 1º e 2º recibiron a visita dunha das máis queridas escritoras galegas, quen xa visitara o noso cole no ano 2011: a recoñecedísima escritora Fina Casalderrey. Todos puxéranse mans á obra semanas antes da visita traballando sobre o libro "Quen me quere adoptar?" e facendo diversos traballiños sobre esta obra nas aulas.
Xa por fin na biblioteca, escoitaron con moito interese anécdotas e cousiñas relacionadas coas súas vivenzas, que inspiran e inflúen na súa obra. Fina adicoulles palabras preciosas e axudoulles a entender que eles tamén poden ser escritores aprendendo a dicir cousas bonitas e expresándose de "xeito literario".
Logo puideron conversar con ela... tiñan moitas cousas que preguntarlle!. Ela agarimosamente respondeu como somentes saben facer os escritores: engaiolándoos coas súas máxicas palabras. Todo un luxo para os ouvidos!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario