Outra nova que chega cun pouco de atraso
Antes das vacacións de Semana Santa todo infantil asistiu a un contacontos organizado pola editorial SM. A fada Marina veunos contar un precioso conto de mar no que o protagonista non podía ser outro ca un lindo peixiño. Coa dúa doce voz esta fadiña foi quen de captá-la atención de pequenos e maiores. Aquí só temos as fotos de 3 e 4 anos. En canto teñamos as de 5 anos poñerémovolas.
venres, 2 de maio de 2014
xoves, 1 de maio de 2014
O LIBRO POR DENTRO:FACENDO PAPEL
Durante o mes de abril, o mes dos libros, e dentro da actividade de biblioteca “O libro
por dentro” as aulas de 3 anos e 5º de primaria fixemos un obradoiro de feitura
de papel. Os nenos de 5º están aprendendo a reciclar e os de tres anos tiñamos
moito interese en saber de onde saía o papel co que facemos os nosos debuxos. Daquela
os compañeiros de 5º viñeron a pedirnos axuda. Nós teríamos que facer anaquiños
de papel, cousa que nos ven moi ben para os nosos dedos, mentres eles
preparaban o resto da actividade.
Cando lles
levámos os cachiños feitos, eles metéronos na auga. O día que a pasta estivo lista invitáronnos a súa
clase. Que emoción! E
poidemos axudarlles a colocala nos tamices e secala cuns panos antes de prensala no bastidor.
Na terceira
sesión miramos como secaran as follas de papel e fixéronnos un regalo moi
especial: un corazón de papel.
CONTACONTOS TAMÉN EN INGLÉS
Ainda que un pouquiño tarde damos conta tamén dunha estupenda iniciativa recollida pola aula de inglés, pero xa sabedes nunca é tarde cando o que temos que contar é unha boísima experiencia.
Asi nolo conta dende esa aula...
"O pasado 11 de
febreiro tivemos no colexio un conta contos musical en inglés titulado “Trouble in the Jungle”. Foi realmente interesante. Nós participamos activamente tanto na historia coma coas cancións, que levabamos
traballadas anteriormente nas clases de inglés. Aprendimos moitas cousas e
repasamos outras como as preposicións, os nomes dos animais, as cores, os tamaños,
as froitas, os números, os opuestos…
O conto foi moi interactivo, xa que á vez que narraban á historia ían facendo moitas
preguntas que nós tiñamos que contestar.
Pasámolo moi ben… O máis divertido foi cando fixemos un canon coas
froitas. Algunhas mestras tiveron que sair a dirixirnos e … rímonos moito."
XOVES DE AVENTURAS COA FESTA DO LIBRO
Dende a biblioteca quixemos achegarnos á celebración do día do libro mergullándonos no seu interior e descubrindo cos Bolechas como se fai un libro, como chega ás nosas mans. No marco do obradoiro " O libro por dentro" programouse a lectura e presentación do conto "Os bolechas queren saber como se fai un libro".Fixémolo facendo un video co conto que foi proxectado durante a sesión.
Tamén se elaborou un material lim referido a aspectos relacionados co libro.
Ao mesmo tempo invitouse ás aulas a visionar e traballar con este material nas horas de biblioteca.
Deixamos aqui o video do conto e mais as fotos do xoves 24 de abril.
Tamén se elaborou un material lim referido a aspectos relacionados co libro.
Ao mesmo tempo invitouse ás aulas a visionar e traballar con este material nas horas de biblioteca.
Deixamos aqui o video do conto e mais as fotos do xoves 24 de abril.
mércores, 23 de abril de 2014
DIA DO LIBRO: LECTURAS COMPARTIDAS
Por primeira vez este curso sumámonos a unha iniciativa que xa se leva facendo noutros coles dende hai varios anos. Nos días anteriores a esta cita tocou escoller libros axeitados para os nenos e nenas que nos ían escoitar e presentarse a eles nas diferentes aulas dos pequenos do cole. A responsabilidade de apadriñar tocoulle os cursos de 2º a 6º de Primaria. Todos preparáronse prestando moita atención a tódolos detalles. Os afillados e afillados agardaron entusiasmados, mesmo os mais pequeniños. Chegado o día os padriños e as madriñas espalláronse por todos os rincóns cos seus afillados e afilladas convertendo o Colexio nun espazo de fantasía e de maxia onde padriños e madriñas fixeron de estupendos contacontos mentres que os seus afillados e afilladas prestaban a máxima atención.
O Colexio encheuse de moreas de historias, sorrisos, murmurios, miradas,............pero as imaxes falan por si soas.
luns, 21 de abril de 2014
ABRIL MES DOS LIBROS E MAIO MES DAS LETRAS GALEGAS
Abril estase indo paseniño e ven maio aí a fume de carozo... O mes dos libros cuxo día central estamos a piques de celebrar e Maio xa co arrecendo das letras galegas en moitas webs e acontecementos culturais.
Dende a biblioteca queremos contribuir ás dúas celebracións dando a coñecer pouquiño a pouco a obra de Xose María Díaz Castro na letra e na imaxe.
Imos ir pendurando no noso blog algúns dos seus poemas do libro Nimbos acompañados dos documentais feitos por varios autores dentro do Proxecto Nimbos.
Escomenzamos por este poema Ai Capitan que tristemente está tan de actualidade despois desta cadea de naufraxios que levamos.
Pode ser un bó recurso para traballar nas aulas, poesía, prensa e cine dunha mesma vez.
Chorar, chorar mentres o barco rompe
contra o solpor, na noite!
A túa pipa non verán meus ollos
fomegar máis;
nin o teu riso, para sempre inmenso
abrente na mar.
Lume che din, lume me queda. Cinza,
capitán!
Soia a sirea do teu barco
toda a eternidá.
Fume nos ollos, area fría
nas miñas maus.
E en boca que perdín, a longa pipa
fumando a miña vida, capitán.
Chorar, chorar,
como sempre choraron as mulleres,
ai capitán, con barcos ou sin eles!
Dende a biblioteca queremos contribuir ás dúas celebracións dando a coñecer pouquiño a pouco a obra de Xose María Díaz Castro na letra e na imaxe.
Imos ir pendurando no noso blog algúns dos seus poemas do libro Nimbos acompañados dos documentais feitos por varios autores dentro do Proxecto Nimbos.
Escomenzamos por este poema Ai Capitan que tristemente está tan de actualidade despois desta cadea de naufraxios que levamos.
Pode ser un bó recurso para traballar nas aulas, poesía, prensa e cine dunha mesma vez.
Chorar, chorar mentres o barco rompe
contra o solpor, na noite!
A túa pipa non verán meus ollos
fomegar máis;
nin o teu riso, para sempre inmenso
abrente na mar.
Lume che din, lume me queda. Cinza,
capitán!
Soia a sirea do teu barco
toda a eternidá.
Fume nos ollos, area fría
nas miñas maus.
E en boca que perdín, a longa pipa
fumando a miña vida, capitán.
Chorar, chorar,
como sempre choraron as mulleres,
ai capitán, con barcos ou sin eles!
XOVES DE AVENTURAS: IMOS Á SELVA
MISTERIO NA SELVA DE NGORONGON é o título do último conto lido nos xoves de aventuras antes de facer un pequeno descanso coas vacacións de Semana Santa. Lérono Jessica e Lena, nenas de 6º de Primaria.
Unha nova xornada de lecer con libros. Velaiqui tedes as fotos.
Unha nova xornada de lecer con libros. Velaiqui tedes as fotos.
domingo, 6 de abril de 2014
O MEU CORPO QUERE XOGAR
O pasado venres 4 de Abril na biblioteca recibimo-la visita doutra escritora: Alicia Borrás. Desta volta tocoulle aos nenos e nenas de 5 anos desfrutar con ela vivindo o seu libro O meu corpo quere xogar libro que xa traballaron na clase nos días anteriores.
Imos ver as fotos da visita e tamén o precioso mural que xa tiñan preparado para a ocasión.
Imos ver as fotos da visita e tamén o precioso mural que xa tiñan preparado para a ocasión.
OUTRA DE PIRATAS
Vai de piratas. Vimos de desfrutar hai nadiña das aventuras piratas do libro de Ana Alonso e xa na biblioteca tocounos ler e escoitar outro conto de piratas. "Capitán Calabrote"é a tenra historia dun vello pirata. Candela e Ana de 6º de Primaria deron vida coa súa voz a este conto diante dun público que non falla a súa cita dos xoves.
Velaiquí as fotos
Velaiquí as fotos
xoves, 3 de abril de 2014
NOVO MES, NOVA DESPEDIDA DE REINADO DO MOUCHO
Remata o mes de marzo e despedímonos de colorin, a imaxe e o nome que lle deron a nosa mascota os nenos de 4 anos. Como era o mes do Entroido quixeron disfrazalo e quedou así de bonitiño.
No mural que temos nos corredores adicado a estas mudanzas os peques tamén nos explican como o fixeron.
No mural que temos nos corredores adicado a estas mudanzas os peques tamén nos explican como o fixeron.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




