Mentres agardades que chegue ás vosas casas a nova edición do Xornal Don Moucho (ainda falta un chisquiño), queremos amosarvos un adianto sobre as mulleres que traballamos nas aulas durante estas semanas. O mural xa loce nas escaleiras para que o poidades ver cando veñades ao cole. Ainda non están tódalas viguesas traballadas porque algunhas aulas ainda non remataron o traballo, pero non temos présa. O importante é que as cousas que imos facendo vaian deixando a súa pisada.
Son dez mulleres diferentes escollidas dunha longa listaxe, con traballos moi diversos e experiencias vitais diferentes. Cada aula tivo motivos diferentes tamén para a súa escolla...os proxectos nos que estaban mergullados, o gusto pola actividade a que se adican e a posibilidade de atopar información sobre elas, cousa moi importante para poder desenvolver as nosas pescudas. Aquí vos deixamos o traballado sobre algunhas delas.
sábado, 17 de marzo de 2018
IRIA BLANCO BARCA VISITOU AOS NENOS DE 1º
Iria contoulles unha chea de cousas da súa
vida como artista e faloulles de como van xurdindo as ideas no lenzo e como chegan aos muros e as
dificultades que moitas veces se atopan. Amosoulles fotos de como foi dando
forma os murais que coñecemos e ata puideron ver nelas a un dos compañeiros da
aula. Que sorpresa!
Todos
puideron coñecela, desfrutar coas súas
explicacións e compartir con ela un poquiño da súa arte. E como queren
ser un pouco coma ela van atreverse a recrear o seu famoso autobús. A
ver como lles queda!.
Iria non marchou coas
mans baleiras. Os nenos déronlle o seu agarimo e agasallárona cun preciosos
debuxos. Foron momentos moi especiais os que pasaron con ela e todos estamos
pensando xa en que volva ao cole e poder seguir desfrutando dela e da súa obra.
mércores, 7 de marzo de 2018
3, 2, 1, 0...E XA CHEGA O DÍA DA MULLER.
Unhas horas máis e o noso día xa está aí.
Desta volta estamos a aproveitar a coincidencia do 8 de Marzo coa Semana da Prensa para as nosas reflexións nas aulas sobre a situación e a loita -ainda moi necesaria- que levamos "todas e moitos todos"- para poñernos a nós, as mulleres, no noso sitio na sociedade nun plano de igualdade e respecto a tódolos niveis.
As novas da prensa e os recursos dixitais escollidos ( non están todos os que son) achegánnos ata as "Pioneiras" no mundo en xeral, e en Galicia e en Vigo en particular. Tódalas aulas están traballando xa nun suplemento especial sobre "Mulleres de Vigo", (mulleres de onte e de hoxe que nos representan a todas), dentro do Xornal Don Moucho que sairá do prelo como acostuma no mes de Maio. A partires de mañá empezaremos a ver fotos destas actividades.
Mañá é día tamén de coñecer dentro do noso PDI a obra muralística dunha muller de Vigo, Elisa González, que neste caso representa a tódalas que nestes anos pasados e nos que se aveciñan foron e van seguir deixando a súa pisada nas rúas de Vigo. Ela ten o seu traballo exposto na Via Norte.

Das outras mulleres dos murais e tamén dos homes que conforman este gran grupo de artistas falaremos máis adiante cando celebremos o Día dos Museos.
Por outra banda dende a biblioteca queremos achegarvos unha listaxe de contos e lecturas xuveniles que tratan dun xeito ou outro estos temas "da muller". Moitos deles están na nosa biblioteca e moitas veces forman parte de expositores, maletas temáticas ou contacontos....outros non son os habituais ou pasan desapercibidos porque o seu título da poucas pistas. Daquela coido que é bo que os autores desta recopilación pensaran en visibilizalos todos xuntos e axudárannos así a chegar mellor a eles.
Deixovos AQUI o enlace a estes títulos.
Moitas grazas a Pilar Sampedro.

mércores, 28 de febreiro de 2018
TODOS CON ROSALÍA DE CASTRO
Como xa vos contamos no blogue "Fonte dos frades", o venres pasado, 24 de Outubro,
foi un día de celebración no Párroco. O cumpreanos de Rosalía non podía pasar sen que nós a acompañaramos e así foi como ela quixo tamén estar connosco e puidemos desfrutar "da súa presencia" e máis das súas poesías. O cole estaba adornado con moitos poemas nas fiestras tal como nos pediran dende a Asociación de Escritores en Lingua Galega e durante un tempiño van ser as nosas as fiestras onde se asomen os seus versos e a "súa- e nosa- fala". É ben seguro que moitos tamén fixeron súa a petición de agasallar un libro e unha flor neste día.
Dentro do noso proxecto "Os ollos de Vigo" non podiamos esquecer tampouco "os ollos de Rosalía" e daquela os mouchiños mandaron ás familias á procura deses elementos da cidade que nos falan dun xeito ou doutro dela... a imprenta Compañel, as rotondas cas súas estatuas, os homenaxes feitos pedra ós seus poemas, as rúas adicadas a ela, os parques, os paseos...Todos estes recunchos e as correspondentes fotos foron chegando na data indicada ao cole, moitas mesturadas con outras viaxes solicitadas polos mouchiños. Estas últimas houberon de se integrar nos murais correspondentes, pero coas que viñan só adicadas á sua figura fixemos unha fiestra especial. Despois de viaxar ata o Estreito de Rande no submariño Nautilus no Entroido a xaneliña á que se asomase a nosa poeta tiña que ser un "ollo de boi". Non podía ser doutro xeito. Así tódolos viaxeiros do Nautilus poden xa asomarse e coñecer a esta muller que viviu nos tempos de Xulio Verne. Naceron só con 7 anos de diferencia.
Como o tempo apura e inda estamos a construilo, despois de calcular o grandísimo tamaño que lle tiñabamos que poñer, temos empezado por facer unha reconstrucción dixital mentres non acabamos de pintar o orixinal. Así que desfrutade deste avance tecnolóxico ata poder ver o resultado real nas escaleiras anchas de subida ás aulas.

luns, 19 de febreiro de 2018
SEGUNDO DE PRIMARIA EN...?
Subimos a foto esquecida na entrada do outro día, atrevédesvos a adiviñar a que zona de Vigo viaxaron...?
Claro que sí! Aínda que custa un pouquiño recoñecela están na Praza de América.
domingo, 18 de febreiro de 2018
FELIZ ANIVERSARIO!!
Tal día coma hoxe hai 150 anos chegaba, na ficción de Verne, o Nautilus ata a nosa ría na procura dos tesouros de Rande.
Somos moitos os que este ano temos a nosa ollada posta neste acontecemento, un máis dos que neste 2018 fannos mirar cara o mar de Vigo. A nosa cidade non é allea a este fito e proba delo é esta foto publicada no Faro de Vigo.
Varios escritores fanse eco tamén de estas teimas e nos agasallan con interesantes libros que nos achegan un pouquiño mellor esta historia, algúns están xa na nosa biblioteca.
Entre as moitas homenaxes que se lle están facendo na cidade destacan o pasado día 16 e hoxe mesmo a lectura de 20000 leguas de viaxe submarino. Nós no Párroco xa temos o noso recuncho con moitas das obras de Verne e limos -cos de infantil, e tamén nalgunha clase de primaria- unha reinterpretación da novela, ademais de todo o aprendido na preparación do entroido.
Hoxe queremos que este sexa o 1º reto lector de este curso para as familias...recuperar as lecturas de Verne, en especial a triloxía da que forma parte "20000 leguas...".
Animádevos e deixade un comentario na lapela superior. Boas lecturas!

mércores, 14 de febreiro de 2018
XA ESTÁ A CHEGAR ÁS AULAS UNHA NOVA CARPETA VIAXEIRA
En canto volvamos as aulas os mouchiños xa nos
teñen preparada unha nova carpeta viaxeira adicada ao mar de Vigo. Daquela, e como nos deixaron tempo libre nesta
primeira parte do trimestre, imos ter que mergullarnos de cheo en tres tarefas con traballo variado cos
que poder compor 3 novos edificios da nosa cidade.
"Os Ollos do Polbo", "Os Ollos do barquiño" e "Os ollos da fada e o dragón" dánse a man para axudarnos a investigar a vocación mariña de Vigo, o seu pasado e presente pesqueiro, astaleiro e conserveiro, e maila súa vocación literaria da man de Verne (unha volta máis) e de Martin Códax. Lembrade que o día de Rosalía está aí xa e na fin do trimestre agárdanos o Día da Poesía que este ano leva o selo dos trovadores vigueses e do Pergamiño Vindel.

NOVA CARTA PARA AS FAMILIAS
Metidos de cheo no barullo do Entroido os
mouchiños aproveitaron para lles poñer deberes ás familias para que poidan
seguir completando as súas viaxes por Vigo.
3 son as novas propostas. As dúas primeiras xa
case inmediatas...unha viaxe ao
Entroido Vigués a ver se nos topamos con algún Merdeiro e unha segunda viaxe
polos lugares de Rosalía, polas rúas que levan o seu nome e as estatuas que se
lle adican; asi como polos lugares que formaron parte da súa vida literaria. O
24 de febreiro celebramos o seu día, de aí o apremio das datas. Polo que
respecta ao Entroido se segue a chover e teñen que aplazar os desfiles, os
mouchiños poden esperar e alongarán o plazo de recepción dos traballos sen
nengún problema.
"Vigo Misterioso" tamén ten unha nova tarefa na
que hai que afanarse por atopar os murais relacionados co mar que locen na nosa
cidade, entre eles hai dous que teñen que ver coas nosas propostas literarias arredor de Xulio Verne, o libro Balea e o escritor vigués Ramón Trigo (que enseguidiña entrarán en escea no noso PDI) que formarán parte das nosas lecturas
cando volvamos as aulas. Deixámosvos a carta por se algún non a recibiú na
casa.
CARTA AS FAMILIAS
CARTA AS FAMILIAS
BENQUERIDAS FAMILIAS!:
O entroido xa está aí e neste mes de febreiro toca facer a 4ª
e a5ª viaxe dentro do proxecto familiar “7
semanas en Vigo” no que estades a participar
moitos e moitas de vós.
Primeiro queremos que nestes vindeiros días procuredes tódolos recunchiños de Vigo
onde asoma o Entroido e
fagades coma sempre unhas fotos das vosas vivencias cos vosos fillos e fillas.
Dúas ou tres fotos abondan.
TEDES ATA O 28 DE FEBREIRO
En
segundo lugar o día
24 de febreiro queremos facer unha homenaxe á Rosalía de Castro e
sumarnos ao proxecto da AELG “ Abride a
fiestra”, recordando a súa persoa e maila súa obra poética.
Daquela pedímosvos que viaxedes a algún dos
lugares relacionados con Rosalía que tedes na listaxe que vos damos (ou outro
que coñezades vós) e fagades unha foto alí e nola enviedes. Podedes levar se
queredes na man unha imaxe de rosalia ou algúns versos de “Cantares Galegos”. Nós
meteremos a foto nunha fiestra de cartón
e faremos con elas un mural. TEDES
ATA O 22 DE FEBREIRO
LUGARES
DE ROSALÍA
- Imprenta de Juan Compañel na rúa Real, onde se editou “Cantares
Galegos”
-Paseo de Rosalía de Castro no Castro
- Rúa Rosalía de Castro preto do Areal
- Monumento a Rosalía na rotonda da rúa Rosalía/rúa
República Arxentina
- Escultura da rotonda de Canceleiro con rúa
Rosalía adicada a un dos seus poemas.
Por outra banda, temos outro encarguiño para
os que participades en “VIGO MISTERIOSO”.
Tedes que atopar só ALGÚN
dos murais adicados ao tema mariño que están espallados pola cidade.
Como pista dámosvos as rúas nas que tedes que
buscar. Nelas atoparedes escritores importantes para Vigo, monstros e criaturas
mariñas, caracolas e incluso barcos e xentes do mar. A ver que descubrides!!.TEDES
ATA O 16 DE MARZO.
Listaxe
de rúas con murais mariños.
Avenida da Florida
Torrecedeira
Beiramar
Areal
Hispanidade
Blein Budiño
Monte do Castro
O Calvario
Os pasaportes seguen a encherse cos selos das
vosas viaxes e chegarán ás vosas casas á fin de curso, no remate do
proxecto...así que ánimo!!! Estades facendo un traballo estupendo.
Os mouchiños da biblio queremos dárvo-las
grazas polo feito ata agora. Son moitos os anaquiños da cidade que estamos a
coñecer convosco. Que sigades desfrutando.
ENTROIDO VERNIANO...TRABALLANDO CON 20000 LEGUAS DE VIAXE BAIXO DOS MARES
Por fin chegou o día tan esperado e, cun moito
de boa sorte, a chuvia deixou paso a uns breves clariños. Suficientes para poder
desfrutar desta festa no patio na compaña das nosas familias e moitos amigos.
Un tras outro foron desfilando os distintos cursos todos eles con disfraces
relacionados con Verne e a súa novela...
Daquela no patio atopamos ao noso Meco Camilus e a balea coa que loitaron os arpoeiros

ao propio Xulio Verne

o Capitán Nemo e Ned Land

a tripulación da fragata Abraham Lincoln...

os arpoeiros

os polbos

os buzos coas súas escafandras

unha nutrida representación de animais mariños...
cabaliños de mar

tiburóns

medusas

tamén os mariñeiros

e o fondo da Ría de Vigo tal como quedou despois da Batalla de Rande

cos seus tesouros agochados entre as algas e os pecios afundidos e algún afundíndose despois de lle roubar o ouro e a plata.
Como vedes non faltou detalle e se faltaba algo as Coplas e o Testamento feito polos alumnos de 5º e 6º de Primaria aclaráronnos todo o que nos faltaba por saber.
De seguro que Xulio quedará para sempre nas nosas memorias.

COPLAS
Neste entroido XULIO
VERNE,
vai ser o referente,
“Vinte mil
leguas baixo dos mares”,
peixes, polbos e calamares. 1. NOEMI
M.-LUCÍA B.
Fai cento noventa anos
en Nantes naceu,
con once intentou embarcar
pero o seu pai non o deixou navegar. 2.GABRIEL-ALEX
“Todo o que
un home é capaz de imaxinar
outros o
realizarán”
É a frase
máis famosa de Verne
que a
maioría temos presente. 3.NOEMÍ P.-ÁGUEDA
Escribiu
moitos relatos
a maioría
fantásticos,
a súa gran
imaxinación,
o fixo unha
estrela doutra dimensión. 4.MARTÍN-RUBÉN
Viaxou ao
centro da terra
tamén deu
voltas ao mundo,
foise directo a lúa,
e
mergullouse no mar profundo. 5.THALÍA-SAÚL
Tivo tanta
repercusión,
como pai da
ciencia fición
que aos do
Parroco Don Camilo
inspirounos
co seu submarino. 6.NAOMI-ZAIRA
O noso meco
“Camilus”
partiu do
seu Nautilus
cambiamoslle
unhas letras
e fixemos
unha xogarreta 7.JULEN-MATEO
Cando Verne
a Vigo chegou
o tesouro de
Rande encontrou
cando Nemo o
mirou
no seu
submarino o levou 8.BREIXO-YASMINA
Verne
recalou dúas veces na costa viguesa,
unha por un
forte temporal
e a outra
por unha avería
que nos
deixou sen enerxía. 9. LUCAS-AARÓN
A estatua de
Xulio Verne
atópase
preto do mar
enriba das
enormes patas
dun polbo
xigante de metal. 10.
SHEILA-LUCÍA P.
A
tripulación do Nautilus
tiña poucos membros
e na fragata
de Abraham Lincoln
imos os
vintecinco. 11.BREIXO-YASMINA
O gran
monstro mariño
foi nin máis nin menos,
Que un
artefacto de chapa
Que lles deu
moito a lata. 12. MARIAMA-SILVIA
O “monstro”
ao barco afundiu e so tres se salvaron
un profesor,
o seu criado e un arponeiro malencarado
O Capitán
Nemo non os deixaría marchar
pero por
sorte conseguiron escapar. 13 . ESTELA-CARLA
Gracias
a todos e bó traballo.
De seguro que Xulio quedará para sempre nas nosas memorias.
OBRADOIROS DE ENTROIDO EN INFANTIL
Os de infantil non quixeron despedir o
entroido no cole sen facer unha nova sesión de obradoiros compartidos, que xa
veñen sendo tradicionais nos últimos cursos, rotando por grupos mesturados polas tres aulas de infantil. Ós obradoiros plásticos cotiáns
nesta epoca para facer antifaces e maquillaxe sumouse unha proposta literaria
tamén lóxica dentro do desenvolvemento do noso PDI...o contacontos de "20000 leguas de
viaxe baixo dos mares" en versión “infantil”. Coidamos que lles gustou
moito. Non temos moitas fotos, pero abondan para darnos unha pequena idea de como transcorreu a mañá do xoves 8 de febreiro nas aulas dos pequenos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)