Tal día coma hoxe hai 150 anos chegaba, na ficción de Verne, o Nautilus ata a nosa ría na procura dos tesouros de Rande.
Somos moitos os que este ano
temos a nosa ollada posta neste acontecemento, un máis dos que neste
2018 fannos mirar cara o mar de Vigo. A nosa cidade non é allea a este fito e proba delo é esta foto publicada no Faro de Vigo.
Varios escritores fanse eco tamén de estas teimas e nos agasallan con interesantes libros que nos achegan un pouquiño mellor esta historia, algúns están xa na nosa biblioteca.
Entre as moitas homenaxes que se lle están facendo na cidade destacan o pasado día 16 e hoxe mesmo a lectura de 20000 leguas de viaxe submarino. Nós no Párroco xa temos o noso recuncho con moitas das obras de Verne e limos -cos de infantil, e tamén nalgunha clase de primaria- unha reinterpretación da novela, ademais de todo o aprendido na preparación do entroido.
Hoxe queremos que este sexa o 1º reto lector de este curso para as familias...recuperar as lecturas de Verne, en especial a triloxía da que forma parte "20000 leguas...".
Animádevos e deixade un comentario na lapela superior. Boas lecturas!
Parabéns pola chegada do Nautilus á Ría de Vigo! 150 anos non é nada ;-) De certo, somos unha cidade privilexiada por aparecer nunha novela de tanta sona e tan máxica...
ResponderEliminar