sábado, 17 de marzo de 2018

IRIA BLANCO BARCA VISITOU AOS NENOS DE 1º

 Dentro das actividades organizadas para celebrar o día da Muller os  nenos  de 1º  de Primaria escolleron facer a súa nova de prensa sobre unha “muller de Vigo” moi cercana, Iria Blanco, a pintora dos murais de Navia, que moitos nenos e nenas do cole desfrutan cada día. A sorte foi que cando se puxeron en contacto con ela para facerlle a entrevista non dubidou nin un momento en achegarse ata o noso cole.

Iria contoulles unha chea de cousas da súa vida como artista e faloulles de como van xurdindo as ideas no lenzo e como chegan aos muros e as dificultades que moitas veces se atopan. Amosoulles fotos de como foi dando forma os murais que coñecemos e ata puideron ver nelas a un dos compañeiros da aula. Que sorpresa!

Todos puideron coñecela, desfrutar coas súas explicacións e compartir con ela un poquiño da súa arte. E como queren ser un pouco coma ela van atreverse a recrear  o seu famoso autobús. A ver como lles queda!.
Iria non marchou coas mans baleiras. Os nenos déronlle o seu agarimo e agasallárona cun preciosos debuxos. Foron momentos moi especiais os que pasaron con ela e todos estamos pensando xa en que volva ao cole e poder seguir desfrutando dela e da súa obra.












Ningún comentario:

Publicar un comentario