3 son as novas propostas. As dúas primeiras xa
case inmediatas...unha viaxe ao
Entroido Vigués a ver se nos topamos con algún Merdeiro e unha segunda viaxe
polos lugares de Rosalía, polas rúas que levan o seu nome e as estatuas que se
lle adican; asi como polos lugares que formaron parte da súa vida literaria. O
24 de febreiro celebramos o seu día, de aí o apremio das datas. Polo que
respecta ao Entroido se segue a chover e teñen que aplazar os desfiles, os
mouchiños poden esperar e alongarán o plazo de recepción dos traballos sen
nengún problema.
"Vigo Misterioso" tamén ten unha nova tarefa na
que hai que afanarse por atopar os murais relacionados co mar que locen na nosa
cidade, entre eles hai dous que teñen que ver coas nosas propostas literarias arredor de Xulio Verne, o libro Balea e o escritor vigués Ramón Trigo (que enseguidiña entrarán en escea no noso PDI) que formarán parte das nosas lecturas
cando volvamos as aulas. Deixámosvos a carta por se algún non a recibiú na
casa.
CARTA AS FAMILIAS
CARTA AS FAMILIAS
BENQUERIDAS FAMILIAS!:
O entroido xa está aí e neste mes de febreiro toca facer a 4ª
e a5ª viaxe dentro do proxecto familiar “7
semanas en Vigo” no que estades a participar
moitos e moitas de vós.
Primeiro queremos que nestes vindeiros días procuredes tódolos recunchiños de Vigo
onde asoma o Entroido e
fagades coma sempre unhas fotos das vosas vivencias cos vosos fillos e fillas.
Dúas ou tres fotos abondan.
TEDES ATA O 28 DE FEBREIRO
En
segundo lugar o día
24 de febreiro queremos facer unha homenaxe á Rosalía de Castro e
sumarnos ao proxecto da AELG “ Abride a
fiestra”, recordando a súa persoa e maila súa obra poética.
Daquela pedímosvos que viaxedes a algún dos
lugares relacionados con Rosalía que tedes na listaxe que vos damos (ou outro
que coñezades vós) e fagades unha foto alí e nola enviedes. Podedes levar se
queredes na man unha imaxe de rosalia ou algúns versos de “Cantares Galegos”. Nós
meteremos a foto nunha fiestra de cartón
e faremos con elas un mural. TEDES
ATA O 22 DE FEBREIRO
LUGARES
DE ROSALÍA
- Imprenta de Juan Compañel na rúa Real, onde se editou “Cantares
Galegos”
-Paseo de Rosalía de Castro no Castro
- Rúa Rosalía de Castro preto do Areal
- Monumento a Rosalía na rotonda da rúa Rosalía/rúa
República Arxentina
- Escultura da rotonda de Canceleiro con rúa
Rosalía adicada a un dos seus poemas.
Por outra banda, temos outro encarguiño para
os que participades en “VIGO MISTERIOSO”.
Tedes que atopar só ALGÚN
dos murais adicados ao tema mariño que están espallados pola cidade.
Como pista dámosvos as rúas nas que tedes que
buscar. Nelas atoparedes escritores importantes para Vigo, monstros e criaturas
mariñas, caracolas e incluso barcos e xentes do mar. A ver que descubrides!!.TEDES
ATA O 16 DE MARZO.
Listaxe
de rúas con murais mariños.
Avenida da Florida
Torrecedeira
Beiramar
Areal
Hispanidade
Blein Budiño
Monte do Castro
O Calvario
Os pasaportes seguen a encherse cos selos das
vosas viaxes e chegarán ás vosas casas á fin de curso, no remate do
proxecto...así que ánimo!!! Estades facendo un traballo estupendo.
Os mouchiños da biblio queremos dárvo-las
grazas polo feito ata agora. Son moitos os anaquiños da cidade que estamos a
coñecer convosco. Que sigades desfrutando.
Faremos o que poidamos, contade con nós, coma sempre!! Nosa cidade é un auténtico Tesouro de Rande afundido... tantas cousas por descubrir... pasamos polas rúas sen mirar. É un bo exercicio para adultos e nen@s o de frear o ritmo, deterse e ollar.
ResponderEliminar