venres, 6 de febreiro de 2015
DERRADEIRO XOVES DE PAZ
No derradeiro Xoves adicado á lecturas de paz foi o conto A POMBA DONA PAZ o que ocupou á sesión de lectura. Jasmine e Nerea foron as nenas de 6º de Primaria encargadas de lelo.
luns, 2 de febreiro de 2015
A MALETA VIAXEIRA CHEGA A INFANTIL
Por fin, tras meses de espera chega a infantil a maleta viaxeira de "títulos matemáticos" que comezara a súa viaxe alá polo mes de novembro promocionada polo noso amigo Reilibro.
Empezou a última parte da súa viaxe na clase de 4 anos. Os nenos e nenas desta aula levan desfrutando toda a semana pasada da mesma e xa se despiden con moita pena das lecturas que lles aconsellou o mouchiño. Cando os libros volvan á biblioteca estou segura de que todos quereran levalos en préstamo para as casas.
Empezou a última parte da súa viaxe na clase de 4 anos. Os nenos e nenas desta aula levan desfrutando toda a semana pasada da mesma e xa se despiden con moita pena das lecturas que lles aconsellou o mouchiño. Cando os libros volvan á biblioteca estou segura de que todos quereran levalos en préstamo para as casas.
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Cada aula decorou un brazo co que botábamos a voar os nosos desexos para un mundo mellor, mesmo no eido da escola.
Malala Yousafzai foi o outro eixo de traballo. A nena a quen lle deron o Premio Nobel da Paz por defender cáseque coa súa propia vida o dereito das nenas a recibir unha educación e acudir á escola. Dereito que temos que ter tódolos nenos e nenas do planeta. O segundo mural que enche a nosa entrada acolle algunhas das impresionantes e sinxelas frases que Malala ten pronunciado sobre este dereito.
Despois do traballo xuntámonos todos para compartir durante un tempo cancións e mensaxes de paz. Unha canción en inglés interpretada polos alumnos de 5º e 6º e unha canción en galego cantada polos nenos e nenas de 1ºA acompañados polos nenos de 4 anos. Despois de ler cada clase a súa mensaxe de paz, intercambiamos os globos que un a un foramos enchendo nas aulas cos nosos desexos. Agora só toca agardar a que estoupen para descubrir a "sorpresa" que se agocha no seu interior.
NOVO CONTACONTOS DA PAZ
Laura e Alex de 6º de Primaria foron os lectores do conto "E que podo facer eu?" que nos axuda a reflexionar nestes tempos de paz sobre o que cadaquen de nós pode aportar. Estas son as fotos da sesión á que se achegaron coma sempre unha morea de nenos e nenas.
xoves, 29 de xaneiro de 2015
OS DEBUXOS QUE FALTABAN
Prometéramos subir ao volver das vacacións de Nadal os debuxos do traballo de Kandinsky que faltaban. Como non hai tanto ainda que volvemos hoxe cumplimos a nosa promesa. Deixámosvos aquí unha foto do mural-agasallo mais pequeno dos dous que se fixeron cos debuxos que non cabían no grande.
TEMPO DE COMPARTIR
Este é o título dunha nova lectura nos Xoves de biblioteca, que como xa vos contamos esta tempada son XOVES DE PAZ.
A paz baséase neste xesto tan sinxelo; se somos quen de compartir non haberá sitio para os conflictos.
Nas fotos podemos ver aos nenos agardando que comece a lectura e algúns momentos dela.
A paz baséase neste xesto tan sinxelo; se somos quen de compartir non haberá sitio para os conflictos.
Nas fotos podemos ver aos nenos agardando que comece a lectura e algúns momentos dela.
sábado, 24 de xaneiro de 2015
O NOSO AMIGO COPO
Unha vez mais recibimos unha carta dos nosos amigos os mouchos da biblioteca . Como sabedes este curso os mouchiños comparten con nós as súas "lumiideas" e daquela Copo o mouchiño do mes de Xaneiro invítanos desta volta a axudarlle na celebración do día da Paz e de paso a reflexionar sobre algunhas cousiñas que teñen que ver coa luz, o noso tema estrela deste ano.
Esta foi a carta que nos mandou.
Así que agora só queda poñerse unha vez mais "mans a obra" e a pensar...
Esta foi a carta que nos mandou.
Así que agora só queda poñerse unha vez mais "mans a obra" e a pensar...
OS XOVES DE PAZ
Próxima xa a semana da PAZ moitas actividades do cole comezan a xirar arredor desta sinxela palabra. Na biblioteca temos xa o noso expositor especial con lecturas de paz e iniciamos tamén unhas sesións especiais nos Xoves de Lecturas.
O xoves 16 de Xaneiro léronnos na biblio UN HOMBRECILLO DE PAPEL, conto que nos axuda a reflexionar sobre as posibilidades de conquerir entre todos un mundo mellor.
mércores, 14 de xaneiro de 2015
NO SOMOS LOS TRES CERDITOS,UNHA NOVA LECTURA DOS XOVES
Volvemos das vacacións de nadal e nada mellor que este conto para recuperar as rutinas lectoras dos xoves. O público coma sempre achegouse a escoitar as novedades deste novo ano.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







