domingo, 25 de abril de 2021

23 de abril. DÍA DO LIBRO

 Aínda que a lectura e as actividades arredor dos libros son un costume ben enraizado no noso cole, o día do libro celebrámolo sempre dun xeito especial. Dende principios de mes hai unha serie de propostas a dispor de todos na biblioteca virtual, nas que as distintas aulas xa están a traballar, ademáis de ler e pescudar sobre os distintos elementos que precisamos para completar o traballo da segunda paprte do noso PDI.

Entre as actividades especialmente adicadas a este día destacan as suxerencias lectoras por parte de toda a comunidade. O foro de suxestións  na aula virtual xa está medrando con propostas diversas e algunhas aulas xa fixeron marcalibros e entrénanse coma "booktubers"; mellor, coma voceadores de libros.













Ningún comentario:

Publicar un comentario