mércores, 22 de xaneiro de 2025

24 de XANEIRO - Día da Educación

XOVES 24 DE XANEIRO NA BIBLIO DO PÁRROCO

Conto sobre Malala - defensora da Educación de tódolos nenos e nenas.







martes, 21 de xaneiro de 2025

O ALUMNADO ANÍMASE A LER!

Que alegría nos dá sempre que o noso alumnado sinta ese gusanillo de querer compartir lecturas cos demais! 

Xián e Eva querían facer un contacontos e alí foron os dous compartir a hora de lectura co grupo de 1º de primaria. 

Leron o conto e ao rematar participamos nun pequeno coloquio sobre o importante que é comprender que cada persoa ten as súas habilidades e non debemos nin humillar nin menosprezar as capacidades dos demais e, por suposto, tampouco as nosas propias!

Grazas pola lectura! Esperámosvos noutra ocasión!







BIBLIOTECA CREATIVA NO SEU MÁXIMO ESPLENDOR!

A nosa biblio ten un novo deseño! Démoslle unha volta ao mobiliario para crear diferentes recunchos que inviten aos usuarios a ler, escribir, estudar, indagar, xogar, crear, experimentar...

Nesta imaxe podemos ver como dúas alumnas de 5º adican o seu tempo de lecer á montaxe dunha máquina con lego 👷💭💪.


Nesta outra, alumnos de sexto están aproveitando o recuncho artístico da biblio para crear unhas variñas máxicas 🪄🧙 inspirados nas novelas fantasticas de Harry Potter.



DISCAMINO VISITA A NOSA BIBLIO!

Xa sabedes que a nosa biblio ten moitas funcións: lectura, xogos, centro das aprendizaxes, etc. Pero, sobre todo, entendemos a biblio como un lugar común e aberto a crear unha gran comunidade. Por este motivo sempre nos encanta invitar a outras persoas externas ao centro a vir e compartir con nós experiencias e coñecementos sobre todas as temáticas que as vosas cabezas poidan imaxinar...

Moi pretiño nosa, está asentada a organizacion DISCAMINO. Un proxecto que nace do "Que ninguén che diga que non podes" e leva acompañando, ilusionando e cumprindo soños de persoas con discapacidade dende o ano 2009. Pois por moi difícil que pareza, con traballo, esforzo, entreno e apoio, todos podemos chegar a Santiago!

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º tiveron a oportunidade de coñocer a David, Pablo e Gerardo e escoitar a súa experiencia de vida e o cambio que Discamino supuxo en como afrontan as dificultades e perseguen os seus soños. Tamén nos acompañou Javier Pitillas como voluntario e parte da organización, que nos foi guiando polos testemuños e adentrando no mundo da discapacidade.

Sen dúbida, mestras e alumnos sentiron a emoción que un proxecto humano e solidario contaxia en tódolos corazóns. 

Grazas por vir! Sodes un gran exemplo!

                              


O CLUB DE LECTURA "AS ESTRELAS DA LECTURA" SEGUEN COAS SÚAS XUNTANZAS

 As Estrelas Lectoras do noso cole retomaron as xuntanzas do clun de lectura depois do parón do Nadal.

Resulta que aproveitaron as vacacións para crear uns animais fantásticos seguindo o fío da lectura compartida. 

É un pracer descubrir unha lectura xuntos e desenvolver a nosa creatividade, imaxinación e espíritu crítico en comunidade.

Aqui van unhas fotiños!