Xa sabedes que a nosa biblio ten moitas funcións: lectura, xogos, centro das aprendizaxes, etc. Pero, sobre todo, entendemos a biblio como un lugar común e aberto a crear unha gran comunidade. Por este motivo sempre nos encanta invitar a outras persoas externas ao centro a vir e compartir con nós experiencias e coñecementos sobre todas as temáticas que as vosas cabezas poidan imaxinar...
Moi pretiño nosa, está asentada a organizacion DISCAMINO. Un proxecto que nace do "Que ninguén che diga que non podes" e leva acompañando, ilusionando e cumprindo soños de persoas con discapacidade dende o ano 2009. Pois por moi difícil que pareza, con traballo, esforzo, entreno e apoio, todos podemos chegar a Santiago!
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º tiveron a oportunidade de coñocer a David, Pablo e Gerardo e escoitar a súa experiencia de vida e o cambio que Discamino supuxo en como afrontan as dificultades e perseguen os seus soños. Tamén nos acompañou Javier Pitillas como voluntario e parte da organización, que nos foi guiando polos testemuños e adentrando no mundo da discapacidade.
Sen dúbida, mestras e alumnos sentiron a emoción que un proxecto humano e solidario contaxia en tódolos corazóns.
Grazas por vir! Sodes un gran exemplo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario