domingo, 27 de febreiro de 2022

XA TEMOS EN FONTE DOS FRADES A CRÓNICA DA NOSA FESTA DE ENTROIDO

 O entroido rematou xa no cole, aínda que  a festa siga agora nas rúas e casas. Xa podedes facer o seguemento da mesma no noso blog de dinamización Fonte dos frades. Un ano máis e recuperando un poquechiño as actividades tradicionais na celebración escolar, temos vivido, - con restricións-, o espíritu do Entroido. Hai unha aula, a de 4 anos, que aparece pouco por problemas técnicos coas súas fotos, pero en canto as teñamos dispoñibles faremos unha entrada especial con eles para que vexades o moito que participaron e que ben o pasaron!

 Aquí deixamos os enlaces

SEMANA DA TROULA

FESTA DE ENTROIDO

venres, 25 de febreiro de 2022

CELEBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO. EMOCIÓNS E TRABALLO STEM

 Temos no blog fonte dos frades as nosas propostas de traballo para este curso e o feito por tódalas aulas. Vivimos á nosa autora senlleira e a emoción da poesía dun xeito diferente. E adiantamos a primavera!

Ide seguindo nese blog as crónicas de como semntamos os pensamentos e facemos os nosos retos stem.


luns, 14 de febreiro de 2022

SEMANA DA TROULA DO 21 AO 24 DE FEBREIRO...E O VENRES, FESTA RACHADA!!!

 O Entroido e maila Troula xa veñen aí e para que non perdamo-lo tren da festa imos anunciando xa quen é o noso Meco2022 e que temos que traer ao cole na Semana da Troula. Lembrade que será na semana do luns 21 de febreiro ata o venres 25 de febreiro...Troula e festa rachada!!!

DESCARGA AQUÍ O PDF COS MANDADOS

sábado, 12 de febreiro de 2022

TEATRO EN INGLÉS

 O pasado xoves tivemos a sorte de ir ao teatro. Non tivemos que nos mover do cole, pero atoparnos de novo coa experiencia teatral, tan esquecida durante a pandemia, xa foi todo un cambio. Algúns estrenábanse nestes acontecementos e a emoción notábase moito. 

En dúas quendas dende infantil a 2º de primaria e desde 3º a 6º asistimos a representación de cadansúa obra de teatro en inglés. Wilbur’s Adventure para os máis pequenos e Three Eggs, Two Birds and a King para os maiores . Foron os actores da compañía On Stage Company quen coa mediación de Afundación trouxeron as súas dúas obras ao noso cole.

Aquí podedes ver o que todos gozamos e, por se tiñabades algunha dúbida, fomos quen de seguir e entender perfectamente as historias que nos contaron!.

INFANTIL 1º E 2º





3º, 4º, 5º E 6º




venres, 11 de febreiro de 2022

11 de febreiro: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Día importante para seguir facendo unha sociedade inclusiva  de todos e para todos e para que todos poidamos ter as mesmas oportunidades. Dentro do traballo do curso e mesmo do noso PDI: PEDRA A PEDRA. UNHA OLLADA A HISTORIA DA CIENCIA que vimos desenvolvemento, estamos e estaremos a adicar moitos esforzos a esta visibilización da muller científica e á promoción dunha vocación científica e STEM. 

Mentres agardamos os resultados das distintas propostas científicas que están en marcha, e o estarán ao longo do trimestre, non quixemos deixar de reflectir na nosa aula virtual o traballo de moitas mulleres en distintos eidos da ciencia, mulleres que traballan canda moitos homes e que tamén precisan recoñecemento. A voz da ciencia é moi necesaria nestes tempos e o traballo de todos e todas é fundamental para o noso benestar e o do noso planeta. Para exemplo o labor de moitas mulleres científicas nesta pandemia.



domingo, 6 de febreiro de 2022

CELEBRANDO E PENSANDO A PAZ

 Un ano máis celebramos o Día da Paz. A reflexión sobre os cambios que está a sufri-lo noso planeta e unha ollada ó que nos dí a ciencia non podían faltar en tódalas aulas. Achegámonos apoiándonos na literatura científica e nos recursos audiovisuais á realidade da terra hoxendía e debatindo fomos tirando as nosas conclusións e aportando solucións. 

Coa axuda tamén do conto de Violeta Monreal O triángulo de Malevich quere ser superheroína grandes e pequenos lanzáronse a idear e poñer en práctica pequenas e grandes solucións imaxinativas para o planeta. Sumámonos ao reto proposto no conto e quixemos converter as pezas do cadro de Malevich nunha cousa diferente: as mesmas pezas compondo un todo distinto e orientado cara á nosa misión de gardiáns do planeta. Cada aula deu a súa solución colaborativa, aínda que tamén cada neno ideou a súa particular.  Dentro do proxecto de actividades stem puidemos probar diferentes xeitos de coloca-las pezas virtualmente, ao tempo que as manexabamos manipulativamente coas plantillas plastificadas, elaboradas especialmente para os máis pequenos. 

Aquí tede-las fotos de todo o proceso e do mural-xogo interactivo que compuxemos na entrada do cole.


a partir do cadro de Malevich e do conto traducido ao galego polo noso equipo de biblio e dinamización que puidemos ler na aula virtual.






martes, 1 de febreiro de 2022

NOVOS MOUCHIÑOS NA BIBLIO

 Estes son os novos mouchiños da biblio. Xa sabedes que os antigos teñen unha nova misión na ONU e marcharon a Nova York. Pero non nos deixaron orfos!!! Pasade a coñecer aos nosos novos amigos e colaboradores.




BUMBUM CHEGOU Á BIBLIOTECA PROCEDENTE DA PREHISTORIA. OS NENOS DE 4 ANOS ESTÁN A FACER UN SUPERPROXECTO SOBRE ESTA ÉPOCA.

...................................................

ORO VEU DENDE O ANTIGO EXIPTO. OS NENOS DE 5 TAMÉN TRABALLAN NUN PROXECTO SOBRE ESTA ÉPOCA.

...............................

MOUPI:  PROCEDE DA GRECIA ANTIGA. AQUÍ NOLO PRESENTAN OS NENOS DE 3º DE PRIMARIA.




















TAMÉN NOS CONTARON COUSAS DA GRECIA ANTIGA

................................


ROMITO É O REPRESENTANTE DE ROMA. 4º DE PRIMARIA ESTÁ A PESCUDAR NA VIDA DOS ROMANOS

.....................................

REPRESENTANTE DOUTRA DAS GRANDES CIVILIZACIÓNS ANTIGAS É MOUCHINITO. OS NENOS E NENAS DE 1º PESCUDAN SOBRE A INFLUENCIA DESA ÉPOCA.


.......................................


 DENDE A IDADE MEDIA CHEGOU TOMASITO. OS NENOS E NENAS DE 2º PRESENTÁRONNOS ESTA ÉPOCA CUN GRAN MURAL

...........................

NIKI  PROCEDE DA IDADE MODERNA. NEWTON FOI O GRAN FÍSICO DESA ÉPOCA. 5º DE PRIMARIA NOLO PRESENTA CUN AUDIO. 
TAMÉN PODEDES ESCOITAR O RELATO DA ÉPOCA NA AULA VIRTUAL

.............................


ALBERTOLO VÉN DO SÉCULO XX. EINSTEIN E STEPHEN HAWKING REPRESENTAN ESA ÉPOCA 6º DE PRIMARIA FIXO A ALBERTOLO E DESPOIS PARTICIPOU CANDA 5º NA FEITURA DE STEPHEN.

NA AULA VIRTUAL TEMOS O AUDIO ONDE NOS FALAN DE EINSTEIN



..........................................

 STEPHEN, O VIAXEIRO INGLÉS