Un ano máis celebramos o Día da Paz. A reflexión sobre os cambios que está a sufri-lo noso planeta e unha ollada ó que nos dí a ciencia non podían faltar en tódalas aulas. Achegámonos apoiándonos na literatura científica e nos recursos audiovisuais á realidade da terra hoxendía e debatindo fomos tirando as nosas conclusións e aportando solucións.
Coa axuda tamén do conto de Violeta Monreal O triángulo de Malevich quere ser superheroína grandes e pequenos lanzáronse a idear e poñer en práctica pequenas e grandes solucións imaxinativas para o planeta. Sumámonos ao reto proposto no conto e quixemos converter as pezas do cadro de Malevich nunha cousa diferente: as mesmas pezas compondo un todo distinto e orientado cara á nosa misión de gardiáns do planeta. Cada aula deu a súa solución colaborativa, aínda que tamén cada neno ideou a súa particular. Dentro do proxecto de actividades stem puidemos probar diferentes xeitos de coloca-las pezas virtualmente, ao tempo que as manexabamos manipulativamente coas plantillas plastificadas, elaboradas especialmente para os máis pequenos.
Aquí tede-las fotos de todo o proceso e do mural-xogo interactivo que compuxemos na entrada do cole.
a partir do cadro de Malevich e do conto traducido ao galego polo noso equipo de biblio e dinamización que puidemos ler na aula virtual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario