domingo, 31 de outubro de 2021
sábado, 30 de outubro de 2021
EXPOVIRTUAL SAMAÍN FORMAS ENCANTADAS
Aínda que seguen chegando cabazas porque estes días son os propios de facelas e iremos incorporando todas segundo nos cheguen, imos amosándovos xa as que temos montadas na nosa expo virtual de cabazas...moiiiii matemáticaaaaas!!! Non esquezades seguir pasándovos dentro duns días para ver as novas incorporacións.
mércores, 27 de outubro de 2021
...E MÁIS FOTOS DE FORMAS NA NATUREZA E BODEGÓNS MATEMÁTICOS
Aldara de 5 anos atrévese tamén coa composición dos bodegóns matemáticos e procurou formas a carón da súa casa.
PINGA A PINGA SEGUIMOS DANDO ENTRADA A MÁIS CABAZAS MATEMÁTICAS!
ALDARA de 5 anos envía estas cabazas con cara MATEMÁTICA...Que medo!
martes, 26 de outubro de 2021
PRIMEIROS BODEGÓNS DO OUTONO MATEMÁTICO
Leila de 5 anos é a primeira que nos envía fotos para a exposición de botegóns matemáticos. Mirade que ben o fixo.
No seu primeiro bodegón Leila fixo unha composición utilizando cousas das que só tivese unha unidade, dúas unidades, 3 unidades,... e así ata 8.
Na segunda foto buscou cabazas no campo e como vedes atopou moitas.
E na terceira fixo formas... triángulos unha línea curva, un círculo, uns rectángulos unha línea recta,...
Fenomenal traballo! Parabéns!
SEGUIMOS A RECIBIR CABAZAS!
O traballo coas cabaciñas continúa. Xa estamos montando a exposición virtual que poderedes ver dende a fin de semana, metidos de cheo xa na celebración do Samaín nas casas e nas rúas. Mentres seguimos publicando as magníficas cabazas que nos ides enviando.
Estas son as que chegaron onte e hoxe!
HÉCTOR DE 1º DE PRIMARIA envía esta cabaza dinosaurio de CATRO pinchos que ademais está NO MEDIO, entre dúas velas.
GRETA da aula de 4 anos. ANTES E DESPOIS Cantas cabazas vedes? UNHA, DÚAS?.
luns, 25 de outubro de 2021
MOITO TRABALLO CABACEIRO NA FIN DE SEMANA!
Un mundo de cabazas matemáticas agromaron esta fin de semana nos bosques galegos. Ide tomando nota porque a festa das cabazas non fixo máis que comezar!
XÍAN de 1º de primaria pintou CATRO cabazas, mesma forma pero distintas, e animouse a lle deseñar a casa ás personaxes de medo!. Que ben!
ZOE de 1º de primaria preparou a súa cabaza cun mundo de números! Que medo dan esas babas!
LUCÍA de 5º de primaria fixo unha composición coas súas CATRO cabazas moi ben acompañadas de 1,2,3,..moitos amigos!. Estupendo!
Estas cabazas matemáticas, grande e pequena, con eses números cheos de luz dan arrepío. Alana de 3 anos e Sienna de 2º de primaria xa están preparadas para a festa!
domingo, 24 de outubro de 2021
24 de outubro DIA DAS BIBLIOTECAS
Cada 24 de outubro celebramos o Día das bibliotecas, día no que poñemos oficialmente en marcha tódalas actividades. Tradicionalmente, a partir desta data iniciabamos os obradoiros na hora do recreo e programabamos unha morea de actividades compartidas dentro dos seus muros. O certo é que, coas limitacións do protocolo covid, hai moitas cousas que non podemos facer do xeito cotián; pero, aínda así, levamos xa un tempiño a voltas coas lecturas e as pescudas. Daquela, de tódolos preparativos feitos xa comezan a agromar actividades e creacións. Tamén as familias están achegándonos as súas cabazas axudándonos a levar as distintas aprendizaxes, tamén a emocional e o sentimento de comunidade, fóra da escola.
Como sabedes, o lema das BE este curso é "A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA" e arredor do mesmo, e do cartel oficial ilustrado po Pablo Otero "Peixe", temos artellado unha actividade de debate na busca das palabras axeitadas que definan esa voz e esas emocións que nos aportan os libros e a lectura.
Os cativos de 3º de primaria foron os primeiros en responder a esta chamada, aínda que sabemos que outras aulas están traballando con esta proposta. Deixamos aquí o traballo dos nenos e nenas de 3º
Por outra banda, as bibliotecas de aula xa comezaron a funcionar dende o primeiro día de curso coas lecturas da hora de ler e os programas de préstamo. Esta semana pasada empezaron a recibir mochilas e maletas temáticas coas lecturas do Día das escritoras e da tempada de Samaín. As propostas de traballo xa están presentes nas actividades das aulas e, enseguidiña, imos ir recollendo neste escaparate as súas produccións. Tamén se achegan aí ao galope as lecturas compartidas, as que organizamos nós e as que están a pedir os cativos e cativas dende as aulas porque todos queren ser lectores protagonistas!! Pouco a pouco iremos dando paso a todos eses anceios.
Neste curso xuntamos, coma sempre, a celebración deste día coa celebración do Día das escritoras e a Semana AMI (alfabetización mediática e informacional). Ademáis das propostas para coñecer máis a fondo ás nosas autoras Concha Blanco e Paula Carballeira, lanzamos xa as propostas de documentación para o despegue do PDI "Pedra a pedra: unha ollada ás orixes da Ciencia" , que inclue a renovación das mascotas da biblio, agora que sabemos que teñen unha misión tan importante coma a que estaban a facer na nosa biblioteca.
Todo isto e moito máis que se aveciña son mil e unha oportunidades de aprendizaxe e de goce de múltiples tipos de lectura. Así que imos desexar para todos Felices lecturas e felices pescudas neste curso que promete ser moi científico e moi creativo.
sábado, 23 de outubro de 2021
COMEZAN A CHEGAR AS PRIMEIRAS CABAZAS
Enzo de 4 anos foi o primeiro en responder durante esta semana á petición dos mouchiños e preparou unha arrepiante momia cuns ollos moi xeométricos.
Hoxe ampliamos a exposición coa cabaza enviada por Cloe, tamén da aula de 4 anos. Unha caveira que nos está a ollar cos seus ollos de variadas formas.
luns, 18 de outubro de 2021
É TEMPO DE CABAZAS COMPARTIDAS!
domingo, 17 de outubro de 2021
DÍA DAS ESCRITORAS 2021
O luns 18 de Outubro celebramos o Día das esscritoras. Este curso e respondendo ao lema das BE dámoslle a palabra a dúas escritoras galegas, Concha Blanco e Paula Carballeira. Algúns dos seus libros farán unha viaxe polas nosas aulas durante varias semanas nunha mochiliña especial e protagonizarán as propostas de goce e traballo lector.
Ademáis algún deles teñen como ilustrador a Pablo Otero "Peixe" que é o autor do cartel oficial do lema das BE deste curso e que tedes no lateral do blog.sábado, 9 de outubro de 2021
DE VOLTA COA CIENCIA!
Neste curso 2021-22 imos levar adiante un proxecto de centro moi chantado na ciencia e na historia da ciencia. Enseguidiña falarémosvos del. Temos xa tódolos motores en marcha!. O 24 de outubro, Día das bibliotecas, arranca oficialmente a nosa andaina, aínda que nas aulas xa levamos uns días lendo e pescudando.
Para ir facendo boca, e aínda que no mes de novembro celebraremos o mes da ciencia en galego, non podemos deixar de achegarvos a esa data que ven de pasar. O 8 de outubro é o Día da Ciencia de Galicia. Este ano é unha muller a homenaxeada, Jimena Fernández de la Vega. A súa andaina científica teranos tamén ocupados na nosa celebración. Deixámosvos agora aquí uns apuntiños para comezar esta viaxe.