venres, 19 de marzo de 2021

MURO DIXITAL PARA A SOLTA DE POEMAS NA SEMANA DA POESÍA.

 Do 22 de Marzo ao 26 celebramos no cole a Semana da Poesía. Como a pandemia non nos permite facer este curso a tradicional "solta" de poemas por tódolos recunchos do cole,  creamos este muro dixital para que todos... familias, profes, alumnos e claro está as aulas no seu traballo diario ,poidades compartir con todos un poema inventado ou copiado, en galego, castelán e mesmo noutra lingua. Podedes envialo en texto, imaxe, audio ou vídeo. 

Se atopades algún problema podedes envialos ó noso correo parrococamilo@gmail.com e nós volo publicaremos.

Todo o que iremos facendo nas aulas publicarase tamén aquí. Xa podedes gozar das primeiras aportacións!.

Feliz semana da poesía!

Hecho con Padlet

Ningún comentario:

Publicar un comentario