No Samaín non somentes fixemos os nosos monstros gardiáns da biblioteca, inventamos relatos de medo e decoramos as cabazas dende casa, senón que nas aulas houbo tamén traballiños, pelis e disfraces. E un pouquiño baile, sen esquecer o protocolo covid!
No nadal as aulas adicáronse a facer adornos da época e escribir as cartas de reis que botaron no buzón real. O derradeiro día do trimestre a falta da visita en persoa do paxe real os nenos de infantil e primaria recibiron unha mensaxe sorpresa da súa maxestade o rei Gaspar.
Nas aulas traballamos tamén nos adornos da época e confeccionamos as nosas propias árbores de nadal, abondando na temática marcada pola celebración do Centenario Rodari. As historias inventadas a partir da hipótese fantástica publicámolas noutra presentación.
Mirade as nosas fotos...
Árbore dos desexos 3ºprimaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario