Foi este un trimestre cheo de actividade, aínda que por forza os encontros virtuais foron o que marcou a nosa aprendizaxe e creatividade. Non foron moitas as ocasións nas que tivemos algún encontro persoal, pero habelas hóuboas. Foi o caso dos nenos e nenas de 2º de primaria, quen puideron recibir dous membros do Centro das Illas Atlánticas.
No Mes da Ciencia en Galego (e con tódalas precaucións e obrigas por mor da pandemia), puideron gozar das súas explicacións sobre os animais que atopamos nas illas Cíes, tal ourizos mariños, gaivotas ou cobras de escada.
Para máis información sobre as novidades deste centro, podedes premer neste enlace.
Velaquí as fotos que quitaron na nosa biblio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario