Os mouchiños unha vez máis volven poñerse en contacto coas familias presentando as actividades nas que poden participar. Esta é a carta que chegou ás casas.
venres, 31 de xaneiro de 2020
DIA DA PAZ. LECTURAS POLO CLIMA
Achegábase o Día da Paz cando os nosos
mouchiños da biblio puxéronnos unhas pequenas “tarefas” que nos servisen para celebrar o Día da Paz. Tiñamos
que reflexionar sobre a súa relación co clima e decidir que íamos facer nós dende as aulas para mudar as condicións
de vida no mundo.
As "caixas do planeta", que formaron parte da árbore sostible de Nadal, apareceron de volta nas aulas cunha carta na que os nosos amigos animábannos a seguir investigando e a elaborar unhas propostas concretas
que habiamos de avaliar dentro dun tempo. Non é cousa só de decir o que imos facer; senón de actuar xa.
Un expositor na entrada, o exemplo de persoas
que pasaron á acción (como Greta Thumberg, Wangari Mathai e outros moitos), o libro recomendado do mes, un expositor sobre os océanos e os bosques e moitos
recursos aloxados neste blog ían guiarnos neste camiño de pensamento e acción no que todos
tiñamos que implicarnos. Prensa, divulgación e lecturas xuntaron as súas forzas literarias para presentarnos un abano de problemas e solucións. Traballar a axenda 2030 é o noso xeito de afondar no lema das bibliotecas escolares neste curso.
Por fin despois de dúas semanas de traballo, o
Día da Paz fomos quen de pasar pola entrada a colocar nunhas arbores especiais
os nosos propósitos. Nalgúns casos foron tantos que tiveron que
quedar na aula. Non pasa nada o importante é que van ser os gromos dun cambio de mentalidade
respecto da nosa vida no planeta. Queremos un planeta limpio e para todos e
sabemos que acadalo é posible.
mércores, 29 de xaneiro de 2020
NOVO EXPERIMENTO. NOA DE TERCEIRO
O interese semella non rematar aínda. Este novo trimestre novos grupos de rapaces e aulas apuntaronse xa para seguir amosando os seus experimentos.
Este pasado venres Noa de 3º de Primaria explicounos o que acontece cos líquidos. O vídeo non quixo funcionar. Menos mal que a cámara estaba preto de nós e puidemos facer unhas pouquiñas fotos. Pola súa parte Noa cumpriu moi ben a súa tarefa e mesmo axudou ós máis pequenos a entender o que estaba facendo. Usou auga, aceite e glicerina e despois engadiu distintos colorantes para poder ve-la diferencia.
Este pasado venres Noa de 3º de Primaria explicounos o que acontece cos líquidos. O vídeo non quixo funcionar. Menos mal que a cámara estaba preto de nós e puidemos facer unhas pouquiñas fotos. Pola súa parte Noa cumpriu moi ben a súa tarefa e mesmo axudou ós máis pequenos a entender o que estaba facendo. Usou auga, aceite e glicerina e despois engadiu distintos colorantes para poder ve-la diferencia.
sábado, 18 de xaneiro de 2020
OUTRO VENRES DE EXPERIMENTOS. 3º DE PRIMARIA
Hoxe foi a quenda destas nenas de terceiro de primaria. Despois de agardar bastante tempo, por fin chegou o día no que xa nos podían contar o seu experimento. Noa, Claudia e Paula fixérono moi ben explicándonos como funcionan as leis de Newton. Este é o vídeo da súa participación.
sábado, 11 de xaneiro de 2020
NOVO EXPERIMENTO NO SEGUNDO TRIMESTRE. 4º DE PRIMARIA
Cargamos as pilas nas vacacións e xa estamos de volta para seguir dándolle un pulo á ciencia. Desta volta tres científicas de 4º de Primaria ensínannos a facer unha lámpada de lava. Paula Pena, Candela Brel e Candela Rey amosáronnos os pasos para conseguir este efecto tan vistoso que nos permite ver moi ben o comportamento da mestura de auga e aceite e das burbullas neste medio líquido. Coma sempre un público entregado.
XOVES LECTORES NO PRIMEIRO TRIMESTRE (segunda parte)
Antes de rematar o trimestre tivemos aínda moitas oportunidades de gozar cos libros na biblioteca na nosa cita no recreo dos "Xoves lectores". Ao longo de varias semanas, os compañeiros e compañeiras de 5º e 4º debullaron historias sobre diversidade e igualdade, xestión das emocións e as tradicións de Nadal. Estas lecturas fixéronnos ao tempo reflexionar e desfrutar abríndonos unha morea de sentimentos por descubrir.
"MONSTRUO ROSA". 6º de Primaria
"LAS CHICAS PUEDEN CON TODO". 5º de Primaria
"FRIDA KAHLO". 4º de Primaria
"O SEGREDO DE FLORA". 6º de Primaria
"O APALPADOR". 4º de Primaria
"MONSTRUO ROSA". 6º de Primaria
"LAS CHICAS PUEDEN CON TODO". 5º de Primaria
"FRIDA KAHLO". 4º de Primaria
"O SEGREDO DE FLORA". 6º de Primaria
"HOMIÑO DE MAZAPÁN". 4º de primaria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)