Todas as que saen na foto e, algunha máis que quedou adornando as aulas, son as cabazas que as familias mandaron ao cole. Respondendo á petición dos mouchiños de convertelas en cabazas viaxeiras, moitas estaban xa preparadas para emprende-la súa viaxe ou chegaban ó noso cole directamente procedentes de países lonxanos . A exposición anual coma sempre tivo un grande éxito e fostes moitos e moitas os que participastes. Grazas a todos!.
Se queredes velas en detalle temos xa unha presentación no blog fonte dos frades.
Seica a nosa viña directamente do país 'Máis alá'... XDXDXD
ResponderEliminar