luns, 22 de abril de 2019
23 DE ABRIL DIA DO LIBRO. MOITAS LECTURAS Á VISTA
A consellería edita un ano máis, o seu díptico adicado á celebración desta importante data.
Marilar Aleixandre é a encargada de levarnos neste ano ao camiño da reflexión sobre o feito lector. Tal como sinala o blogue de Bibliotecas Escolares o seu é ..." un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.".
Non cabe maís que seguir teimando neste camiño de formar bós lectores. Dende á nosa biblioteca seguiremos este mes sumando novidades nos nosos andeis, propostas de lectura e préstamo, maletas viaxeiras, recunchos especiais e obradoiros lectores compartidos que nos farán gozar dos libros. De todo irémosvos dando conta.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario