Veñen de sair cara as casas as mochilas viaxeiras e mais a maleta de enredos da aula de 5 anos. Tardaron un poqueniño porque antes todos houbemos de falar e poñernos dacordo sobre os temas que nos gustaría levar nas mesmas. Despois de intensas votacións o maior número de votos foi para "O corpo humano" e "Os números".
Por fin, xa pasaron esta longa ponte coas familias que teñen o seu dispor contos e libros e tamén as libretas viaxeiras onde poden deixar reflectida a súa experiencia lectora.
Aquí vedes os 3 felices protagonistas.
domingo, 10 de decembro de 2017
INVESTIGAMOS SOBRE O DINOSETO
Xa está nas aulas a segunda carpeta viaxeira do Proxecto. Desta volta temos que pescudar o que miran os ollos do Dinoseto. De novo tarefas variadas para cadansúa aula, ás que temos que engadir a preparación dunha árbore de nadal moi especial, -aínda non vos queremos descubrir o secreto-, cunha viaxe ao pasado e mais uns agasallos procedentes de moi abaixo, "dunha Viaxe ao centro da terra", da que nos separan unhas cantas eras xeolóxicas.
Como vedes imos ter un final de trimestre moi atarefado, aprendendo un pouqueniño máis de Vigo.
Aqui vos deixamos para que vexades unha das peticións que chegaron as aulas.
Como vedes imos ter un final de trimestre moi atarefado, aprendendo un pouqueniño máis de Vigo.
Aqui vos deixamos para que vexades unha das peticións que chegaron as aulas.
CONTOS ESPECIAIS....LINGUA DE SIGNOS: O ELEFANTE MAINU
O elefante Mainu é o primeiro conto contado en lingua de signos que vai circular polas aulas da man da profe Marta especialista de pedagoxia terapéutica, moi amiga da nosa mouchiña Edelmira e cunha especial sensibilidade á hora de transmitirnos o pracer da literatura contada. Iniciou a súa andaina contadora na aula de 5 anos e foi un goce para nós ir debullando canda ela a fermosa historia que nos contou. Sorte que moitos compañeiros van poder tamén desfrutar con ela. Nós xa estamos desexando que repita este conto ou que nos conte a vindeira historia.
sábado, 9 de decembro de 2017
PRESENTANDO TRABALLOS NAS AULAS
Cando vivimos a información de xeito directo
-investigando na aula e nas casas e procurando os elementos na realidade, no
contacto directo coa mesma-; e cando despois elaboramos unha pequena síntese desa información, á
que xa nos achegamos cun vencello afectivo, (obxectivos todos estes que
preseguimos coas tarefas que o mouchiños non mandan para as familia), é
imprescindible rematar o proceso verbalizando todo o vivido e elaborado, e contalo aos compañeiros nas aulas. Daquela é este un paso que non
podemos saltar e tódalas profes temos que reservarlle un recunchiño nas nosas
aulas. É unha maneira doada e divertida de aprender canda e cos
amigos...aprendizaxes compartidas tamén no cole.
7 SEMANAS EN VIGO: SAMAIN E MAGOSTO E OUTROS ROTEIROS.
A primeira das 7 semanas de viaxe por diferentes fitos culturais deVigo estaba adicada como vos contaron os mouchiños a descubrir como se celebran na cidade o Magosto e o Samain, festas tradicionais galegas, que en Vigo teñen xa os seus recunchos especiais. Vemos que os atopastes en diferentes lugares e rúas da cidade e vemos que os nenos e nenas desfrutaron moito nestes percorridos.
Segundo iades dándonos conta das vosas andainas fixámonos que éstas ían mais alá do que os mouchiños vos pedían. Daquela houbemos de ampliar o espazo que tiñamos adicado a esta parte do proxecto e mesturar cos carteis das festas de outono os outros traballiños nos que nos presentabades recunchos significativos da cidade.
Segundo iades dándonos conta das vosas andainas fixámonos que éstas ían mais alá do que os mouchiños vos pedían. Daquela houbemos de ampliar o espazo que tiñamos adicado a esta parte do proxecto e mesturar cos carteis das festas de outono os outros traballiños nos que nos presentabades recunchos significativos da cidade.
VIGO MISTERIOSO
O noso cole convertiuse de súpeto, coa
impresionante cantidade de traballiños aportados polas familias, nun maravilloso
percorrido por algúns dos recunchos de Vigo. Os mouchiños pedírannos
información sobre a ubicación do mural de Magallanes e ademais de ver como moitos de vós atopáchedelo sen problemas, trouxestes
moitos detalles interesantes desas rúas que non coñeciamos ou nos que non
repararamos. Graciñas a todos. Enseguidiña
estarán nas aulas os vosos pasaportes viaxeiros. Antes temos que facer reconto de tódalas familias que participastes.
Mentres desfrutade dos traballiños nas vosas visitas ao cole ou ide mirándoos aquí. Iremos facendo pouco a pouco unhas presentacións dos vosos traballos en cada parte do proxecto para que todos poidades desfrutar delas.
25 DE NOVEMBRO...APRENDENDO A DICIR NON
Ademáis, compuxemos entre todos un mural
adicado ás mulleres para ter presente a data do 25 de Novembro, día no que toca
pensar sobre esa violencia contra elas que mais que parar semella que medra por
momentos.
O lema que escollemos foi NIN UNHA MENOS. Éste
é tamén o lema que podemos ler no mural de arte urbano que pintaron Vanesa Alvárez e Tilde diacrítica na baixada ao
berbés, na rúa Gaiteiro Ricardo Portela.
Tamén quixemos facer un aceno a Julio Verne neste trimestre que rolda polas
aulas o libro "A volta ao mundo en 80 contos". Daquela lembramos a tódalas
mulleres que poboan o noso planeta e que nos podemos atopar na nosa volta ao
mundo de Verne, tódalas razas e tódolos tipos.
EXPERIMENTOS E CIENCIA EN INFANTIL
O mes da Ciencia deu lugar en infantil á
realización de experimentos nas aulas e
na casa, querendo tamén compartir estas experiencias con tódolos amigos do
ciclo. Daquela en días sucesivos uns e outros viaxaron ás tres aulas de
infantil amosándolles a todos as cousiñas que experimentaran e aprenderan. Os
de cinco xa empezaran a experimentar en outubro coas sementes, plantándoas en distintos
momentos e sitios e aprenderon como vai nacendo pouco a pouco unha planta e as
súas distintas partes.
Ademais puideron relacionar todo coa
literatura con contos como As habichuelas máxicas.
MURAL "OS OLLOS DO SIRENO"
Xa está colocado na nosa escaleira o primeiro
mural-edificio coa información multidisciplinar recollida polas distintas
aulas.
No cume do edificio Simeón, que podemos ver nas fotos antigua e moderna,
temos a achega literaria á figura do Sireno: un conto curto elaborado polos nenos e nenas de primeiro.
As tarefas van ser rotatorias e daquela todos
iremos pasando por tódolos tipos de contidos cos que imos achegarnos á nosa cidade.
Nesta quenda os de 4 tocoulles a visión plástica e elaboraron un fantástico
"Sireno" con material de reciclaxe.
Os de 3, que acaban de chegar, deron os seus
primeiros pasiños no traballo colaborativo facendo a porta de entrada e
enchéndoa de ollos curiosos.
Os de 5
matinaron nas matemáticas do Sireno e pensaron como relacionar as
proporcións da estatua cos elementos que coñecían na realidade.
Os de primeiro déronlle, como dixemos, á literatura
Os de 2º investigaron a que lle chamamos Casco
Vello e situárono no mapa.
Os de 3º traballaron na localizacion
xeográfica na cidade
Os de 4º A afondaron na figura do autor do
Sireno e a súa obra.
Os de 4º B traballaron na filosofía e no
achegamento crítico á información, elaborando as súas opinións e traballando o
formato do xornal.
Os de 5º contáronnos que é exactamente o Sireno dende o punto de vista mitolóxico e artístico.
Ós de 6º imos especializalos na historia da
cidade porque é un coñecemento complexo e por algo son os maiores. Ademáis
entra moi ben no desenvolvemento dos contidos
que están a traballar na aula.
Aquí tedes o resultado,- breves pinceladas,
pero concentradas nos aspectos importantes-, para que todos nos acheguemos de
xeito eficaz á información.
MALETAS VIAXEIRAS NO NOVO CURSO
Hai algunhas semanas comezaron a súa viaxe
polas aulas dúas maletas viaxeiras temáticas.
A segunda quere achegarse ao noso planeta seguindo á invitación de Xulio Verne e os libros que vencellan as distintas actividades deste primeiro Trimestre... “A volta ao mundo en 80 días” e “5 semanas en globo”, non esquezades que están no caixon de novidades da nosa biblio xunto con outros libros e versións do autor.
A primeira delas está adicada ao tema das BE
para este curso “Aprender a pensar” e leva un pouquiño de todo para encher o
noso tempo de lectura na hora de ler. Pensar e aprender ciencia, emocions, percepcións, creatividade...
A segunda quere achegarse ao noso planeta seguindo á invitación de Xulio Verne e os libros que vencellan as distintas actividades deste primeiro Trimestre... “A volta ao mundo en 80 días” e “5 semanas en globo”, non esquezades que están no caixon de novidades da nosa biblio xunto con outros libros e versións do autor.
MURAL DE PRESENTACIÓN DO PDI
O noso proxecto os ollos de Vigo asómase ao mundo do noso cole a través dun mural de presentación que vai agromando paseniño. A diferencia de outros anos este mural vai ir construindose pouquiño a pouco ao mesmo tempo que imos avanzando nas nosas pescudas. De momento podemos ver nel o título do proxecto e xa un mundo de olliños ( e ainda faltan mais) que agardan á espreita de ver as interesantes aprendizaxes que xa se están xestando nas aulas e nas casas; un olliño por cada un dos que estamos poñendo toda a nosa atención en coñecer a cidade onde vivimos.
ACENO A VIGO NO SAMAÍN
Quedáranos atrás a entrada sobre o mural de Samaín deste curso. Os nenos e nenas e mais a profe da clase de inglés sempre nos sorprenden; e desta volta volveu ser dese xeito.
O Samaín no cole ademáis das actividades que
xa vos contamos nos distintos blogues fixo unha parada no noso Proxecto
Documental Integrado cun estupendo mural e traballo documental en inglés feito polos
alumnos de primaria. Nel podemos ver aos turistas ingleses desembarcando en
Vigo e descubrindo encantados algunhas
maravillas da nosa cidade, malia que polo camiño van atopando algún que outro
monstro, pero...eche o que hai... para algo era a Semana de Samaín (Halloween
nas aulas de inglés) tamén nas nosas rúas!!.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)