Os contos
son moitas veces a mellor maneira de achegarse á realidade, de por enriba da
mesa aquelas reflexións mais necesarias. Non importa que os destinatarios sexan
cativos porque coa maxia das palabras eles son quen de comprender o que se
agacha en cada recunchiño das historias contadas. Daquela nada mellor que
compartir este día da Paz lendo un conto, e mellor que mellor se quen nolo
conta son os nosos propios compañeiros, aqueles cos que hai nadiña compartiamos
patio e aprendizaxes. Os nenos e nenas de Primeiro animáronse a se-los
protagonistas desta xornada lendo para todos nós o conto "Vicentiño e as árbores da
Paz". Foi unha maravillosa sorpresa para todos e sobre todo para os irmáns
pequenos e abofé que o fixeron fenomenal.
Despois
compartiron con todos tamén un tempo de manualidades, de colaborar nun obxectivo común. Deu gusto
ver como a diferencia de idades desaparecía e as clases estaban cheas de
compañeiros grandes e pequenos que xuntaban o seu traballo e o seu goce para
facer xuntos ao personaxe principal do conto, o paxariño Vicentiño, un paxaro do río Miño.
Deixámosvos as fotos da sesión de contacontos na biblioteca e do obradoiro que compartiron os nenos e nenas de Primeiro nas clases de 3, 4 e 5 anos.
Mira ti! Por fin vexo o famoso Vicentiño do que tanto fala meu fillo ;-)
ResponderEliminar