Antes de que envíedes definitivamente as vosas cartas aos Reis Magos, amosámosvos algunhas das vosas suxerencias lectoras para grandes e pequenos. Ollade,..ao mellor decidides probar con algunha delas!.
venres, 30 de decembro de 2016
venres, 23 de decembro de 2016
SUXERENCIAS LECTORAS DAS FAMILIAS
Os mouchiños da biblioteca queren que vos deámo-las grazas pola vosa participación na actividade de suxerencias lectoras. Xa miramos que, aínda que pedían recomendacións para adultos, moitos nenos quixeron repetir a experiencia que xa fixeran no cole e volveron suxerir outros contos interesantes para todos. Ollade como quedaron as vosas tarxetiñas no bosque de árbores de nadal da nosa entrada principal.!
Nestes días de descanso das aulas prepararemos unha presentación con tódalas vosas suxerencias de lectura para dárvolas a coñecer a todos. Nós xa miramos algún título por aí no que nos vai apetecer mergullarnos.!

A NOSA ÁRBORE DE NADAL CON ARTE
Este Nadal quixemos facer unha mestura e incorporar na nosa decoración de nadal as suxerencias lectoras que tan ben veñen nestes tempiños nos que andamos a argallar mil e unha ideas para as peticións aos Reis Magos. Tamén dábamoslle volta ao lema das BE deste curso "Biblioteca da Arte". Daquela ocurriúsenos compor entre todos unha grande árbore de Nadal inspirada no cadro "A árbore da vida" do pintor Gustav Klimt. As follas da árbore serían unhas espirais doradas nas que haberíamos de escribir tódalas nosas suxerencias lectoras.
Ademais as nosas cabeciñas matinaron tamén como xuntar esta idea coa marcha do noso PDI adicado ao Río Miño... Dificil. Non si?. Este foi o orixinal resultado. O mellor de todo coma sempre foi compartir o noso libro favorito con tódolos nenos e nenas do cole.

Imos amosarvos algunhas das peticións. Imposible fotografíalas todas...son 200!
Xa sabedes pedídelle un libro aos Reis Magos...os maiores tamén.!
TRADICIÓNS GALEGAS: OS AGASALLOS
Dentro do noso programa de traballo sobre as tradicións galegas, o xoves e o venres visitaron o cole os persoeiros que tradicionalmente reparten os agasallos no Nadal Galego: O Apalpador e mailos Reis Magos.
O Apalpador representa a tradición máis senlleira da conca alta do Miño, na zona do Courel, e baixa a apalpar as barriguiñas dos nenos na noite do 21 de Nadal. No cole desfrutamos do seu bó facer todos xuntos en dúas sesións matinais; primeiro os máis pequenos e despois os maiores. Mágoa que estivera un pouco maliño...e que no inverno xa se sabe!. Aínda así conseguiu tirar por nós e facernos desfrutar coas súas cousiñas. Foi un intre verdadeiramente máxico. As fotos ao completo porémolas nos outros blogues. Aquí deixámosvos só un apuntiño.
Sobre os Reis Magos todos sabemos que veñen na noite do 5 de Xaneiro, pero nestes tempos modernos é doado que un deles colla un avión e veña facernos unha visita para recoller personalmente as nosas cartas e sobre todo preguntar directamente se todo o mundo se portou como se tiña que portar. Eso foi o que fixo o Rei Gaspar, quen escolleu achegarse ata o noso cole e escoitar as peticións dos nosos nenos. Tódolos pequenos dun en un (ata os de primeiro!) sentáronse no seu colo para sentilo ben preto e darlle unha boa aperta.
Nós os adultos -e tódolos pobos, vilas e cidades de Galicia con nós- temos medrado con esta tradición que nalgúns momentos parece que vai ser engulida por outros personaxes de fóra. Dende aquí invitámosvos a manter acesa "a lús" dos Reis Magos e conserva-lo noso. Invitámosvos a manter a ilusión dos nenos ata o final das vacacións, ainda que teñan alguna cousiña antes para se entreter. Non lles vai facer ningún mal aprender a esperar.! E para xogar sobra o resto do ano!
Velahí algúns dos nosos cativos. As demais fotos tamén nos outros blogues.
O Apalpador representa a tradición máis senlleira da conca alta do Miño, na zona do Courel, e baixa a apalpar as barriguiñas dos nenos na noite do 21 de Nadal. No cole desfrutamos do seu bó facer todos xuntos en dúas sesións matinais; primeiro os máis pequenos e despois os maiores. Mágoa que estivera un pouco maliño...e que no inverno xa se sabe!. Aínda así conseguiu tirar por nós e facernos desfrutar coas súas cousiñas. Foi un intre verdadeiramente máxico. As fotos ao completo porémolas nos outros blogues. Aquí deixámosvos só un apuntiño.
Nós os adultos -e tódolos pobos, vilas e cidades de Galicia con nós- temos medrado con esta tradición que nalgúns momentos parece que vai ser engulida por outros personaxes de fóra. Dende aquí invitámosvos a manter acesa "a lús" dos Reis Magos e conserva-lo noso. Invitámosvos a manter a ilusión dos nenos ata o final das vacacións, ainda que teñan alguna cousiña antes para se entreter. Non lles vai facer ningún mal aprender a esperar.! E para xogar sobra o resto do ano!
Velahí algúns dos nosos cativos. As demais fotos tamén nos outros blogues.
TRADICIÓNS GALEGAS: O BELÉN
Como moitas cousas do Nadal as tradicións trascenden as connotacións relixiosas e téñense convertido nun elemento cultural presente en tódalas cidades e vilas de Galicia. Dende as institucións culturais invítannos a manter esta tradición nas rúas e tamén a visitar os belens tradicionais de distintos tipos que se espallan por toda a nosa xeografía.
O belen de Baltar en Ourense e o de Begonte na Terra Chá son dos máis tradicionais nas beiras do Miño.
Belén de Begonte (Lugo) |
Belén de Baltar (Ourense) |
Nós no cole tamén quixemos facerlle un aceno ao noso PDI e a profe Marga e mailos seus nenos compuxeron un belén situado na beira do mar, xustiño onde desemboca o Río Miño. Adiviñades de que lugar de Galicia estamos a falar?
xoves, 15 de decembro de 2016
OS MOUCHIÑOS INVÍTANNOS A COMPARTIR LECTURAS
Os nosos mouchiños da biblio están a nos facer unha invitación moi especial polo Nadal. Comprometidos como están no desenvolvemento de bós lectores queren que compartamos con eles os títulos dos libros que mais nos gustan ou que nos resultaron especiais por algún motivo. Queren ter moitas ideas e poder agasallar aos seus amigos con eses libros que sempre paga a pena ler.
Estas son as cartas que xa chegaron as aulas e as que están a piques de chegar a tódalas nosas casas. Daquela animádevos e mandade o cole eses títulos que lles van axudar a escolller os mellores agasallos lectores neste Nadal. E, xa que logo, nós tamén podemos tomar nota!!

mércores, 7 de decembro de 2016
DIA DA BIBLIOTECA E NORMAS
Volvendo a ollada cara atrás o pasado 24 de Outubro celebramos o Día da Biblioteca facendo a apertura oficial da nosa biblio.
Daquela a biblioteca estaba xa preparada con algunhas das novidades no caixón e a decoración de Samaín lista asi como o 1º expositor deste curso adicado aos "Monstros e contos de medo"
Comezaron entón tamén os "contacontos dos xoves". Petra foi o elexido para este reencontro nos recreos.
Ademais estrenamos un fermoso cartel coas normas de uso da biblio feito por tódolos nenos e nenas do cole. Agora xa so queda cumplir esas normas que tan ben decoramos!

martes, 6 de decembro de 2016
NOVEMBRO.MES DA CIENCIA EN GALEGO
En novembro o noso expositor encheuse de Ciencia en galego. O tema escollido foron as "Ciencias naturais" cos ríos, as paisaxes, a flora e a fauna galegas como protagonistas. Este é o noso primeiro achegamento científico ao tema do noso PDI.
Dous obradoiros de Ciencias se organizaron nestas datas dende..... Deles dannos conta os nenos de 2º e de 3º.
Este luns, 28 de novembro, recibimos a visita na nosa escola dun home chamado Marcelo que nos desvelou os segredos da pasta de dentes: os seus ingredientes, para que serve cada un deles, o seu uso... e así fixemos coas nosas propias mans unha estupenda e ecolóxica pasta dentrífica. Encantounos!
O pasado venres 18 de novembro, o alumnado de 3º asistiu a un obradoiro de "Saquitos Aromáticos", no que aprenderon a distinguir distintas herbas como a menta, o tomiño, a herba luisa..., entre outras, e os diversos usos que teñen. Tanto aprenderon, que ao final fixeron eles mesmos o seu propio saquito aromático!!
Dous obradoiros de Ciencias se organizaron nestas datas dende..... Deles dannos conta os nenos de 2º e de 3º.
O pasado venres 18 de novembro, o alumnado de 3º asistiu a un obradoiro de "Saquitos Aromáticos", no que aprenderon a distinguir distintas herbas como a menta, o tomiño, a herba luisa..., entre outras, e os diversos usos que teñen. Tanto aprenderon, que ao final fixeron eles mesmos o seu propio saquito aromático!!
SEMANA LITERARIA DE ROALD DAHL
100 ANOS DO SEU NACEMENTO----------CENTENARIO
Achegádevos e entrade nos seus mundos e personaxes.
Vide a biblio na hora de ler e facede lectura oral e lectura silenciosa cos seus libros.
Aviso para navegantes"adultos". Roald Dahl tamén escribiu para adultos. Animádevos a lelo.
sábado, 3 de decembro de 2016
1ª MALETA VIAXEIRA: TEMÁTICA ARTES
Comezou a súa viaxe polas aulas a 1º maleta viaxeira deste curso. Leva dentro libros e contos relacionados coa arte para tódalas idades, en especial pintura e manualidades. Ademais de libros sobre museos ou pintores famosos.
Os nenos e nenas de 6º levan xa unha semana desfrutando dela na hora de ler e aínda poderán bucear nela unha semana mais.
A ver se son quen de sacar os artistas que levan dentro!.
Os nenos e nenas de 6º levan xa unha semana desfrutando dela na hora de ler e aínda poderán bucear nela unha semana mais.
A ver se son quen de sacar os artistas que levan dentro!.
REILIBRO LANZOU (XA AÍ ATRÁS) A SÚA IDEA PARA NOVEMBRO
Sen presa pero sen pausa, os mouchiños seguen a súa aprendizaxe sobre a Galicia Interior e o Río Miño e despois de todo o que aprenderon dos traballos das familias queren afondar mais no tema da mitoloxía fluvial.
Teñen dúas propostas para nós:
-Para os pequenos inventar unha historia a partir dun cadro (estamos a voltas coas artes!)
Daquela xa hai uns días que nos deixaron nas aulas e nas escaleiras unha misteriosa foto dun cadro dunha xacia deitada no fondo das augas. E, claro, primeiriño que nada haberá que averiguar que é unha Xacia! Sabemos de boa tinta que nalgunhas das aulas xa lle están dando voltas ao tema.
Deixámosvos aquí a imaxe por se algunha familia quere axudar na pescuda.
Para os maiores pensaron en que podían debuxar unha galería de personaxes mitolóxicos a partir dun relato que xa está nas súas clases.
Estas dúas propostas arrancaron aí atrás a mediados de mes, pero nos terán entretidos seguramente durante parte do 2º trimestre. Non vos imos adiantar as novidades que nos esperan, xa volo contaremos todo mais adiante. Para ver os resultados destes traballiños imos ter que esperar un pouco.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)